Unha persoa sen teito ou sen fogar, é aquela persoa que non ten casa propia por motivos de pobreza, sexa por un estado de indixencia ou por unha catástrofe natural. Non inclúe o nomadismo, a ocupación ou fenómenos voluntarios.
Calcúlase que o problema afecta a uns 100 millóns de persoas,Capdevila, Gustavo, "HUMAN RIGHTS: More Than 100 Million Homeless Worldwide", IPS, Geneva. especialmente en países subdesenvolvidos ou áreas urbanas. miniatura|Lugar onde persoas viven baixo unha ponte en París. O dereito á vivenda está considerado como un dereito humano fundamental de segunda xeración, recollido entre outros na Constitución española.
O día 23 de novembro celébrase o Día Europeo das Persoas sen Fogar (ou Día dos Sen Teito).
Causas A indixencia é un estado de pobreza absoluta no cal o individuo non é quen de obter os medios mínimos para procurarse alimentos diarios. A indixencia prolongada acaba provocando o fenómeno coñecido como sen teito, polo cal a persoa perde a súa casa por non poder manterse a si mesmo. Está asociada coa mendicidade, xa que como no se teñen ingresos, usualmente por falta de traballo, recórrese á esmola ou á axuda social para subsistir.
Levouse a cabo un estudo sobre o senfogarismo feminino en Galicia, "que representan aproximadamente o 15% das persoas sen fogar, as mulleres en situación de senfogarismo presentan unha situación de maior vulnerabilidade ca os homes".Aguayo Lorenzo, E., Benito Torres, L., Cancelo Márquez, M. T., Díaz Vázquez, R., Expósito Díaz, P., & Freire Esparís, M. d. P. (2020). Estudo sobre senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia (Vázquez Rozas, Emilia ed.). Santiago de Compostela: Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Inclusión Social ISBN 978-84-09-20400-7.
Notas
Categoría:Socioloxía Categoría:Pobreza