Unha imaxe por resonancia magnética (IRM), tamén coñecida como tomografía por resonancia magnética (TRM) ou imaxe por resonancia magnética nuclear (NMRI, polas súas siglas en inglés Nuclear Magnetic Resonance Imaging) é unha técnica non invasiva que emprega o fenómeno da resonancia magnética nuclear para obter información sobre a estrutura e composición do cuerpo a analizar. Esta información é procesada por ordenadores e transformada en imaxes do interior do obxecto de análise.

Emprégase principalmente en medicina para observar alteracións nos tecidos e detectar cancro e outras patoloxías. Tamén se emprega na industria para analizar a estrutura de materiais tanto orgánicos como inorgánicos.

A IRM non debe ser confundida coa espectroscopia de resonancia magnética nuclear, unha técnica usada en química que se basea no mesmo principio da resonancia magnética para obter información sobre a composición dos materiais.

A diferenza da TC, non usa radiación ionizante, senón campos magnéticos para aliñar a magnetización nuclear de núcleos de hidróxeno da auga no corpo. Os campos de radiofrecuencia (RF) úsanse para alterar sistematicamente o aliñamento desa magnetización, causando que os núcleos de hidróxeno produzan un campo magnético rotacional detectable polo escáner. Ese sinal pode ser manipulado con campos magnéticos adicionais e así construír con máis información imaxes do corpo.

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas e-MRI: interactive course about MRI physics (Flash player required) Sociedad Española de Neuroimagen The Basics of MRI: Curso de IRM.

Categoría:Probas médicas