As lagoas de Basturs son dúas lagoas coa categoría de Lugar de importancia comunitaria (LIC) que se atopan preto das vilas de Basturs e Sant Romà d'Abella, no concello catalán de Isona i Conca Dellà, na comarca de Pallars Sobirà, na provincia de Lleida. Están incluídas no Pla d'Espais d'Interès Natural (PEIN) da Generalitat de Cataluña e na Rede Natura 2000. Forman unha zona húmida de orixe cársica de grande importancia. Xunto coas lagoas de Banyoles, as do val de Sant Miquel de Campmajor e a lagoa de Montcortès, forman as catro zonas húmidas de orixe cársica máis notábeis de Cataluña. Aliméntanse dunha fonte de auga subterránea máis ou menos constante durante todo o ano. Na última década do século XX formouse unha terceira lagoa nunha leira próxima, pero ao pouco tempo desapareceu.

Fauna Aínda que algúns dos seguintes animais só foron observados puntualmente, nas lagoas de Basturs avistáronse voitres, pitas do monte, garzas reais, lontras, cervos, teixugos e garduñas.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina dos espazos naturais de Lleida

Categoría:Lagos e lagoas de España Categoría:Accidentes xeográficos de Cataluña Categoría:Lugares de importancia comunitaria Lagoa de Basturs