San Paulo de Guende é unha parroquia do concello pontevedrés da Lama, no arciprestado de Redondela-Oitavén e diocese de Tui-Vigo. Segundo o padrón municipal en 2013 tiña 95 habitantes (55 mulleres e 40 homes), 23 menos ca en 2004. Ten sete entidades de poboación.

Xeografía Dista 3,5 km da capital municipal, coa que se comunica por unha estrada comarcal. Guende limita ó norte coa parroquia de Antas, ó sur con Gaxate e Verducido, ó leste con Xesta e ó oeste coa Lama e Gaxate. Os seus principais accidentes xeográficos son o río Xesta, o regato das Fontiñas e os montes Alto das Fontiñas (672 m), Couto do Carro (649 m) e Casavella (725 m).

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Guende

Parroquias da Lama

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Lama

Categoría:Parroquias da Lama Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Paulo