O drone metal, tamén chamado drone doom, é un xénero derivado do doom metal definido principalmente por notas e acordes sostidos e repetidos chamados drones. Neste xénero aplícase unha gran reverberación e acople ao son das guitarras, mentres que a voz moitas veces non está presente ou é gutural. As cancións neste xénero son de gran duración e carecen de ritmo no sentido tradicional do termo. O drone metal está influenciado pola música drone, a música noise e a música minimalista, e xurdiu a comezos dos anos 1990 con grupos pioneiros como Earth, Boris e Sunn O))).
Notas
Categoría:Subxéneros do heavy metal