Armand Lunel, nado en Aix-en-Provence o 9 de xuño de 1892 e finado en Mónaco o 3 de novembro de 1977, foi un escritor francés.
Traxectoria Armand Lunel naceu no seo dunha familia xudía orixinaria de Comtat-Venaissin, os cales tiñan raíces na zona da Provenza desde había polo menos cinco séculos. Lunel estudou na Universidade de Mónaco onde nun futuro ensinaría Dereito e Filosofía na Mónaco mesma. Lunel escribiu extensivamente sobre os xudeus da Provenza.
Recibiu o Premio Renaudot en 1926 pola súa novela Nicolo Peccavi.
Tamén é coñecido como o último falante coñecido de Shuadit, lingua xudeorromance extinta do sur de Francia. É considerada como un dialecto do occitano.
Obras L'imagerie du cordier, La Nouvelle Revue Française, París, 1924. Nicolo-Peccavi o L'affaire Dreyfus à Carpentras, Gallimard, París, 1926. Le balai de sorcière, Gallimard, París, 1935. Jérusalem à Carpentras, Gallimard, 1937. Les amandes d'Aix, Gallimard, París, 1949. La belle à la fontaine, A. Fayard, París, 1959. J'ai vu vivre la Provence, A. Fayard, París, 1962. Juifs du Languedoc, de la Provence et des États français du Pape, Albin Michel, París, 1975. Les chemins de mon judaïsme et divers inédits, presentado por Georges Jessula, L'Harmattan, París, 1993.
Categoría:Nados en Aix-en-Provence Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1977 Categoría:Escritores de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa