Alien vs. Predator (tamén coñecido como AVP ou AVP: Alien vs. Predator) é un filme de ciencia ficción e terror dirixido por Paul W. S. Anderson e protagonizado por Sanaa Lathan e Lance Henriksen. É o primeiro título da franquía Alien vs. Predator, que é unha mestura das franquías de Alien e Predator. Anderson, Dan O'Bannon e Ronald Shusett escribiron a historia, e Anderson e Shane Salerno adaptárona ó guión. A súa historia está influída pola mitoloxía azteca, a serie de banda deseñada e os escritos de Erich von Däniken.
Ambientado no 2004, o filme conta a historia dun grupo de arqueólogos reunidos polo billonario Charles Bishop Weyland (Henriksen) para unha expedición na Antártida. O obxectivo da expedición e investigar un estraño sinal de calor xurdido do nada. Weyland e o seu equipo descobren unha pirámide debaixo da superficie do xeo. Os xeróglifos e as esculturas da pirámide revelan que é o escenario de guerra entre os Predators e os aliens como un rito de madurez. Os humanos están atrapados no medio da batalla entre as dúas especies e tratan por tódolos medios evitar que os aliens cheguen até a superficie.
O filme foi estreado o 13 de agosto de 2004 nos Estados Unidos e recibiu, polo xeral, críticas negativas. Recadou $172 millóns en todo o mundo. Ten unha secuela, Aliens vs. Predator: Requiem (2007).
Personaxes
Sanaa Lathan como Alexa Woods Lance Henriksen como Charles Bishop Weyland Raoul Bova como Sebastian De Rosa Ewen Bremner como Graeme Miller Colin Salmon como Maxwell "Max" Stafford Tommy Flanagan como Mark Verheiden Agathe de La Boulaye como Adele Rousseau Carsten Norgaard como Rustin Quinn Liz May Brice como Selene Glenn Conroy como Técnico Karima Adebibe como Muller do sacrificio Sam Troughton como Thomas "Tom" Parkes Ian Whyte como The Predator, "Scar" Tom Woodruff, Jr. como Alien, "Grid" Petr Jákl como Stone Pavel Bezdek como Bass Kieran Bew como Klaus Carsten Voigt como Mikkel Jan Filipensky como Boris Adrian Bouchet como Sven Eoin McCarthy como Karl Andy Lucas como Juan Ramirez
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes da República Checa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes dirixidos por Paul W. S. Anderson Categoría:Filmes con banda sonora de Harald Kloser Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes rodados na República Checa Categoría:Filmes ambientados en 2004 Categoría:Filmes ambientados na Antártida Categoría:Filmes ambientados no Nepal Categoría:Filmes ambientados en Novo México Categoría:Filmes ambientados en Nebraska Categoría:Filmes de Davis Entertainment Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América