miniatura|Padrenda no mapa da xurisdición da Lanzada incluído no Catastro de Ensenada, 1752. San Martiño de Padrenda é unha parroquia que se localiza ao norte do concello de Meaño, lindando con Cambados e Ribadumia. Segundo datos do IGE, tiña 437 habitantes no ano 2025, dos que 236 eran mulleres e 201 homes, o que representa un leve descenso respecto ós anos 2016, cando tiña 448 veciños, e 2010, cando eran 467.

Ten unha superficie de 2,18 km².

Desta parroquia era natural o Cego de Padrenda, pintado por Castelao nun dos seus lenzos.

Padrenda na cultura popular galega San Vicente de Padrenda/ ten unha rosa na man/ que lla mandou de regalo/ San Clemenzo de Sisán Padrenda é parroquia de Meaño pero con advocación a San Martiño. Linda polo norte con San Clemenzo de Sisán, parroquia de Ribadumia..

Lugares e parroquias Lugares de Padrenda

Parroquias de Meaño

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Meaño Bibliografía BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.

Categoría:Parroquias de Meaño Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño