A Biblioteca do Arsenal (en francés: bibliothèque de l’Arsenal) é unha biblioteca francesa situada no barrio da Bastilla.

Antigamente era a residencia do "gran mestre da artillaría". Antoine-René d’Argenson, marqués de Paulmy, quen ocupou este cargo a mediados do século XVIII, formou na residencia unha gran colección enciclopédica de libros, manuscritos e estampas, que puxo a disposición dos eruditos. Durante a Revolución a residencia e a súa colección foron confiscadas e convertidas en biblioteca pública (1797). En 1934 finalmente foi unida á Biblioteca Nacional de Francia.

A biblioteca posuía principalmente textos literarios franceses do século XVI ao século XIX.http://www.bnf.fr/es/la_bnf_esp/emplazamientos/a.biblioteca_arsenal_ubicacione.html

Notas

Categoría:Biblioteca Nacional de Francia Categoría:Cultura de Francia