O Circuíto urbano de Bakú () é un circuíto de carreira en Bakú, Azerbaidján que se construíu preto do Baku Boulevard. Foi a sede do Gran Premio de Europa de Bakú de .
Historia right|200px Desenvolvemento En decembro de 2013, o Presidente e CEO da Fórmula 1 Bernie Ecclestone suxeriu que a carreira se disputaría en pero máis tarde dixo que debido a que os organizadores do Gran Premio de Corea estaban incumprindo o contrato, se trasladaba a . pero, en xullo de 2014 anunciouse que o debut da carreira se atrasaría ata 2016.
Deseño thumb|Plano do circuíto Os seis quilómetros do circuíto, que se corre en sentido anti horario foi deseñado polo arquitecto de circuítos Hermann Tilke.
O trazado ten como característica principal unha recta final de 2.200 metros, na que os monoprazas alcanzarán unha velocidade de 340 quilómetros por hora, a máis alta en circuítos urbanos da historia.
A pista urbana comeza xunto a Praza Azadliq facendo un bucle con catro curvas de 90 graos, ao redor da Casa de Goberno antes de dirixirse cara ao oeste ata a Torre Maiden, segue cunha subida á parte vella da cidade polo seu recinto amurallado con varias curvas estreitas, e culmina nunha baixada cara ao paseo marítimo xunto ao Mar Caspio que leva á rapidísima recta de meta de 2.200 metros ao longo de Avenida Neftchilar para volver de novo á liña de saída.
Prevese que o circuíto sexa o circuíto urbano máis rápido do mundo e o segundo circuíto máis longo do calendario actual da F1 detrás do circuíto de Spa-Francorchamps en Bélxica, que actualmente é o circuíto máis longo do calendario. As simulacións iniciais estimaron os tempos de volta en 1 minuto 57 segundos durante a carreira de Fórmula Un.
Características
Capacidade espectadores: 18.500 Lonxitude do circuíto: 6,006 quilómetros. Distancia da carreira de Fórmula 1: 51 voltas = 306´153 quilómetros. 20 curvas en total (12 esquerda, 8 dereita). Recta máis longa: 2,1 km Configuración aerodinámica: / . Velocidade máxima estimada 378 km/h con DRS, km/h sen DRS Zonas DRS: dúas, entrando nas curvas 1 e 3 Aceleración a fondo: 56% do tempo de volta. Tempo de freado: % do tempo da volta. Total de combustible necesario para a distancia de carreira: Consumo de combustible: 2´1 kg por volta. Cambio de marchas por volta: 62 / 3.162 por carreira Número de zonas de freado: Desgaste dos freos: medio Desgaste dos pneumáticos: Distancia dos Boxes: Perda de tempo nunha parada en boxes: Tempo total necesario para a parada en boxes: segundos (media) Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): segundos. Marca volta: 1:43.009 Charles Leclerc, Ferrari,
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto urbano de Bakú Nº Ano Piloto Construtor Motor Pneu. Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de 1 2016 Nico Rosberg Mercedes Mercedes 1:32:52,366 h 6,003 km 51 197,721 km/h 19. xuño Europa 2 2017 Daniel Ricciardo Red Bull Renault (TAG Heuer) 2:03:55,573 h 6,003 km 51 148,176 km/h 25. xuño Azerbaidján 3 2018 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:43:44,291 h 6,003 km 51 177,012 km/h 29. abril 4 2019 Valtteri Bottas Mercedes Mercedes 1:31:52,942 h 6,003 km 51 199,853 km/h 28. abril - 2020 cancelada debido á Pandemia de COVID-19https://www.motorsport-total.com/formel-1/news/formel-1-2020-baku-singapur-und-suzuka-offiziell-abgesagt-20061203 5 2021 Sergio Pérez Red Bull Honda 2:13:36.410 h 6,003 km 51 137,907 km/h 6. xuño 6 2022 Max Verstappen Red Bull RBPT 1:34:05.941 h 6,003 km 51 195,293 km/h 12. xuño 7 2023 Sergio Pérez Red Bull Honda RBPT 1:32:42.436 h 6,003 km 51 198´074 km/h 30. abril 8 2024 Oscar Piastri McLaren Mercedes 1:32:58,007 h 6,003 km 51 197,589 km/h 15. setembro 9 2025 Max Verstappen Red Bull Honda RBPT 1:33:26:408 h 6,003 km 51 196,521 km/h 21. setembro 10 2026 George Russell Mercedes Mercedes 1:38:02,143 h 6,003 km 51 187,313 km/h 26. setembro
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Gran Premio de Europa
Gran Premio de Azerbaidján
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Circuítos de Fórmula 1 Categoría:Gran Premio de Europa de Fórmula 1 Categoría:Circuítos de carreiras de Azerbaidján Categoría:Gran Premio de Azerbaidján de Fórmula 1 Categoría:Bakú