Julio Carballo Romero, nado en 1888, foi un xornalista galego.

Traxectoria Fillo de Julio Carballo Enríquez. Colaborou en Suevia e Nova Galicia e foi redactor do xornal arxentino La Nación. En 1928 instalouse na Coruña para exercer a corresponsalía de La Nación nas provincias da Coruña e Lugo. Tamén colaborou en La Voz de Galicia. Foi detido en setembro de 1930 pola publicación dunha información sobre os sucesos do 31 de agosto na Coruña.La Voz de Galicia, 4-9-1930, p. 2. Despois foi correspondente na Coruña de La Prensa de Buenos Aires. Notas

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes