Dante e Virxilio (tamén Dante e Virxilio no inferno) é un cadro do pintor William-Adolphe Bouguereau, realizado en 1850, que se atopa no Museo de Orsay de París, Francia.

O pintor emprega un episodio da Divina Comedia, de Dante, que describe a entrada de Virxilio e o propio poeta no oitavo círculo do inferno, onde se atopan os falsificadores. Alí pódese velos observando dúas almas condenadas: o herexe alquimista Capocchio mentres é mordido no colo por Gianni Schicci, personaxe real que viviu no século XIII en Florencia, famoso pola súa capacidade de suplantación de persoas, e enviado por iso ao inferno.

Bouguereau tomou a Divina Comedia como fonte de inspiración doutra das súas obras, Alma conducida ao Paraíso polos anxos.

Jean-Léon Gérôme ten unha obra homónima.

Ligazóns externas Ficha do cadro no Museo de Orsay

Notas

Categoría:Obras pictóricas de 1850