miniatura|Ao comparar este mapa de Gold Coast coa imaxe superior, vese que a rexión está formada fundamentalmente polo longo conglomerado urbano costeiro do sueste, a Área Metropolitana de Miami. Gold Coast é unha rexión vernácula dos Estados Unidos do estado de Florida. Localízase na costa atlántica de Florida do Sur, incluíndo as cidades de Miam, Fort Lauderdale e West Palm Beach, aínda que a súa definición cambiou co tempo. É unha das rexións vernáculas floridanas máis coñecidas, facendo referencia o nome ao estilo de vida desenvolvido e luxoso que din que caracteriza á zona.

Historia

Gold Coast é unha das varias rexións vernáculas chamadas "Costas" en Florida, incluíndo Space Coast, Treasure Coast, Emerald Coast, Costa Natural, Forgotten Coast, Florida Suncoast e First Coast. Como moitas das outras, semella que tivo a súa orixe no tempo no que a área tivo o seu primeiro gran crecemento. Foi creada na época na que os investigadores Ary Lamme e Raymond Oldakowski fixeron a enquisa de 1982 sobre as rexións vernáculas de Florida, que salientaron que o nome referíase "ao alto custo da vida nesas áreas, así como o supostamente fastoso estilo de vida". Nese tempo, os enquisados desde Dade County (agora Miami-Dade), na parte sur, a través dos condados de Broward e Palm Beach, ata o condado máis ao norte de Martin, identificaban a súa área co nome de Gold Coast.

Unha nova enquisa levada a cabo no 2007 polos mesmos autores demostrou que Gold Coast seguía a ser unha das rexións de Florida mellor coñecidas do Estado, pero viuse reducida fundamentalmente a Miami-Dade e Broward Counties, correspondente á área de Miami-Fort Lauderdale. A xente dos condados de Palm Beach e Martin preferentemente identificaban as súas zonas como parte dunha nova rexión: Treasure Coast, na que tamén estaban os condados de Saint Lucie e Indian River. Lamme e Oldakowski observaron que o Condado de Palm Beach aínda formaba parte de Florida do Sur e da Área Metropolitana de Miami. Suxeriron que as connotacións negativas que acompañaban a Gold Coast e o desexo de distinguir conceptualmente a súa área da de Miami, foi o que quizais motivou a aparición de Treasure Coast.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Rexións de Florida Categoría:Florida do Sur