Tomislau II de Croacia, tamén coñecido como S.A.R. o príncipe Aimón Roberto Margarida María Xoán Turín (italiano: Aimone Roberto Margherita Maria Giovanni Torino), nado en Turín o 9 de marzo de 1900 e finado en Buenos Aires o 29 de xaneiro de 1948, foi Rei de Croacia e cuarto Duque de Aosta. 

Traxectoria Foi o segundo fillo do Príncipe Manuel Filiberto, segundo Duque de Aosta e da Princesa Helena Luísa de Francia (filla do Conde de París, Xefe da Casa Real de Francia e da princesa María Isabel de Orleáns, Infanta de España). O seu bisavó foi o Rei Vítor Manuel II de Italia, e o seu avó foi Amadeu I de España. O 22 de setembro de 1904, a moi curta idade foille outorgado o título de Duque de Spoleto.Nobleza Mediterránea

O 1 de xullo de 1939 o Príncipe Aimón de Savoia casou coa princesa Irene de Grecia, filla do Rei Constantino I de Grecia e a Princesa Sofía de Prusia, en Florencia. Tiveron un fillo, o Príncipe Amadeu, quinto Duque de Aosta, o 27 de setembro de 1943.

O 18 de maio de 1941, Aimón de Savoia foi proclamado Rei do Estado Independente de Croacia baixo o nome de Tomislau II. Este proxectado Reino de Croacia foi un estado controlado efectivamente por Italia e Alemaña que cubría a maioría de Croacia e a actual Bosnia e Herzegovina.

A pesar da proclamación feita polos croatas e do auspicio da Italia fascista, Aimón de Savoia comprendeu que na práctica o novo Estado croata era un simple monicreque dos alemáns e que o litoral de Dalmacia sería sempre unha fonte de controversia ítalo-croata, en tanto el mesmo consideraba imposible "italianizar" a costa dálmata.Davide Rodogno (2006). De feito, o novo monarca nunca tivo poder efectivo no territorio croata nin o quixo visitar algunha vez (principalmente por razóns de seguridade ante gromos de insurxencia).Jozo Tomasevich (2001). O propio ministro de Mussolini, Galeazzo Ciano, anotou no seu diario en 1942 que o príncipe Aimón "estaba orgulloso de ser Rei de Croacia pero non tiña unha idea clara sobre o que debe facer e sente algo molesto por iso".Galeazzo Ciano (1947). Por estes factores Aimón de Savoia non tivo reparos en abdicar o 21 de xullo de 1943 e posteriormente a renunciar á coroa croata o 12 de outubro, cando Italia xa se retirou da guerra.Richard G. Massock (2007).Stevan K. Pavlowitch (2008).

Tras a firma do armisticio entre Italia e os aliados, Aimón toma partido polo seu primo o rei de Italia Vítor Manuel III e colabora coa Lugartenencia que establece o príncipe herdeiro Humberto II, baixo supervisión dos aliados. Á súa vez a súa esposa e o seu fillo son detidos no norte de Italia por orde dos nazis e confinados en Hirschegg (Alemaña) onde permaneceron, en condicións moi precarias, até a súa liberación en abril de 1945.

O Príncipe Aimón converteuse no cuarto Duque de Aosta o 3 de marzo de 1942, tras a morte do seu irmán máis vello, o Príncipe Amadeu de Savoia, Terceiro duque de Aosta, nun campo de prisioneiros de guerra británico en Nairobi tras ser apresado en Etiopía en 1941. Aimón partiu ao exilio tras a proclamación da república italiana en 1946 e morreu o 29 de xaneiro de 1948 en Bonos Aires, Arxentina.

Probablemente, se o plebiscito de maio de 1946 para elixir entre monarquía e república, que se celebrou para definir a organización política de Italia tras a caída de Mussolini e Humberto II, tivese unha posición a favor dunha monarquía liderada por Aimón de Aosta, posiblemente non triunfase a opción republicana. Actualmente o seu fillo Amadeu de Aosta considérase o lexítimo pretendente ao trono de Italia ao non producirse a renuncia aos seus dereitos dinásticos por parte de Aimón, mentres que si o fixo o último rei italiano, Humberto II.http://www.abc.es/hemeroteca/historico-30-05-2004/abc/Home/victor-manuel-de-saboya-y-amadeo-de-aosta-a-golpes-por-un-trono_9621774496098.html

Distincións honoríficas 50x50px Soberano Gran mestre da Orde da Coroa do Rei Zvonimir (Reino de Croacia, 1941). 50x50px Soberano Gran mestre da Orde militar do Trevo de Hierro. (Reino de Croacia, 1941). 50x50px Soberano da Orde ao Mérito de Croacia (Reino de Croacia, 1942). 50x50px Cabaleiro da Suprema Orde da Santísima Anunciación (Reino de Italia, 1921). 50x50px Cabaleiro gran cruz da Orde dos Santos Mauricio e Lázaro (Reino de Italia, 1921). 50x50px Cabaleiro gran cruz da Orde da Coroa de Italia (Reino de Italia, 1921). 50x50px Cabaleiro da Orde Civil de Savoia (Reino de Italia). 50x50px Medalla de Prata ao Valor Militar (Reino de Italia). 50x50px 2 Medallas de Bronce ao Valor Militar (Reino de Italia). 50x50px Cruz de Guerra ao Valor Militar (Reino de Italia). 50x50px Medalla de Honra pola Prolongada Navegación Marítima [20 anos de servizo] (Reino de Italia). 50x50px Medalla Conmemorativa da Vitoria (Reino de Italia, 1918). 50x50px Cabaleiro de honra e devoción da Orde de Malta.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Casa de Savoia Categoría:Duques de Spoleto Categoría:Finados en 1948 Categoría:Nados en 1900 Categoría:Reis de Croacia Categoría:Nados en Turín