Zara Maria Larsson, nada en Estocolmo o 16 de decembro de 1997, é unha cantante e cantautora sueca. Conseguiu sona no seu país após gañar no 2008 o concurso televisivo Talang, a versión sueca de Got Talent. Zara asinou co selo discográfico TEN Music Group no 2010 e lanzou o seu primeiro álbum EP Introducing, en xaneiro de 2013. O sinxelo "Uncover" copou as listas de Suecia e Noruega.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina de Facebook Blog oficial Canle oficial de YouTube
Categoría:Nados en Estocolmo Categoría:Nados en 1997 Categoría:Cantantes de Suecia