En bioloxía molecular SeqA é un dominio proteico que se encontra en proteínas de bacterias e arqueas. A función deste dominio proteico é moi importante na replicación do ADN. A proteína regula negativamente a iniciación da replicación do ADN na orixe de replicación no OriC de Escherichia coli. Ademais, a proteína desempeña un papel adicional no secuestro da orixe de metilación (impide asúa metilación, o que inactiva a orixe e limita a replicación do ADN a unha soa vez por ciclo celular). A importancia desta proteína é vital, xa que sen a súa axuda na replicación do ADN, a división celular procariótica e outros procesos esenciais non poderían ter lugar. Este dominio proteico crese que forma parte dun complexo proteico moito máis grande que comprende outras proteínas como SeqB.
Función A replicación do ADN é un proceso que consome enerxía e, por tanto, nas bacterias só ocorre en puntos de comprobación específicos do ciclo celular. A unión da proeína SeqA ás secuencias GATC hemimetiladas é importante na modulación negativa da orixe do cromosoma en oriC, e na formación dos focos de SeqA necesarios para a segregación cromosómica en Escherichia coli.
Os terámeros SeqA poden agregarse ou multimerizarse de forma reversible dependente da concentración. A maiores da súa función no control da replicación do ADN, SeqA pode ser tamén un factor de transcrición específico.
Adicionalmente, crese que SeqA tamén ten un papel na organización do cromosoma e na regulación xénica.
Localización A maioría da SeqA nas células encóntrase unida ao novo ADN formado na forquita de replicación.
Estrutura
Dominio N-terminal O dominio N-terminal prégase formando dúas hélices alfa e unha folla beta. Este dominio proteico é vital para axudar á multimerización.
Dominio C-terminal O dominio C-terminal ten un importante papel para a unión ao ADN. Únese a secuencias GATC hemimetiladas ou completamente metiladas no oriC. A estrutura do dominio C-terminal consta de sete hélices alfa e unha folla beta de tres febras.
Notas
Categoría:Familias de proteínas Categoría:Dominios proteicos