A segunda cruzada (1145-1149) foi a segunda gran cruzada lanzada desde Europa pola cristiandade católica ('latina') como guerra santa contra o islam. A segunda cruzada comezou en resposta á caída do Condado de Edesa o ano anterior en mans do turco Zengi. O condado fora fundado en 1098 durante a primeira cruzada (1096-1099) polo rei Balduíno de Boloña. Así como fora o primeiro estado cruzado a ser fundado, foi despois o primeiro que caeu.

A segunda cruzada foi anunciada polo papa Uxío III, e foi a primeira comandada por reis europeos, é dicir, por Lois VII de Francia e Conrado III de Alemaña, máis a axuda dunha serie doutros nobres europeos. Os exércitos dos dous reis cruzaron Europa por separado e despois de pasar polo territorio bizantino para Anatolia, os dous foron derrotados polos turcos selxúcidas.

A principal fonte cristiá occidental, Eudes de Deuil, e fontes siríacas cristiás afirman que o emperador bizantino Manuel I Comneno secretamente empeceu o avance dos cruzados, particularmente en Anatolia onde, dise, fixo que os turcos os atacasen. Lois e Conrado, cos restos dos seus exércitos chegaron a Xerusalén e participaron, en 1148, do mal aconsellado ataque a Damasco. A cruzada en Oriente foi un fracaso para os cruzados e unha gran vitoria para os musulmáns. Tería unha influencia clave posterior: a caída de Xerusalén, que a finais do século XII daría lugar á terceira cruzada.

O único éxito cristián da segunda cruzada protagonizouno en 1147 unha forza combinada de 13.000 cruzados flamengos, frisios, normandos, ingleses, escoceses e alemáns. Cando viaxaban por barco desde Inglaterra para Terra Santa, o exército detívose e axudou o exército portugués, máis pequeno (7000 homes) a tomar Lisboa e expulsar os seus ocupantes mouros.

Antecedentes: Caída de Edesa miniatura|Batalla de Edesa, 1146 Tras a primeira cruzada e a cruzada menor de 1101 establecéronse tres estados cruzados en Oriente: o Reino de Xerusalén, o Principado de Antioquía e o Condado de Edesa. Un cuarto, o Condado de Trípoli, estableceuse en 1109. Edesa era o máis setentrional deles, por tanto, o máis débil e menos poboado; iso a sometía a frecuentes ataques dos estados musulmáns circundantes gobernados polos artúquidas, danisméndidas e selxúcidas.Riley-Smith, Jonathan (2005). The Crusades: A Short History (Second ed.). New Haven, Connecticut: Yale University Press. ISBN 0-300-10128-7. En 1104, tras a súa derrota na batalla de Harran, o conde Balduíno II e o futuro conde Xoscelino de Courtenay foron levados cativos. Balduíno e Xoscelino foron capturados por segunda vez en 1122 e, aínda que Edesa se recuperou pouco despois da Batalla de Azaz en 1125, Xoscelino morreu en combate en 1131. O seu sucesor Xoscelino II foi forzado a unha alianza co Imperio Bizantino, mais en 1143 tanto o emperador bizantino Xoán II Comneno como o rei de Xerusalén Fulque de Anjou morreron. Por outra banda Xoscelino tivo desavinzas co conde de Trípoli e co príncipe de Antioquía, o que deixou Edesa sen aliados poderosos.Tyerman, Christopher (2006). God's War: A New History of the Crusades. Cambridge: Belknap Press of Harvard University Press. ISBN 0-674-02387-0.

Mentres tanto, o selxúcida Zengi, atabeg de Mosul, en 1128 engadira aos seus dominios Alepo, a clave do poder en Siria, disputada entre os gobernantes de Mosul e Damasco. Tanto Zengi como o rei Balduíno II volveron a súa atención sobre Damasco; Balduíno foi derrotado nas aforas da gran cidade en 1129.Tyerman 2006, pp. 185–189. Damasco, gobernada pola dinastía burida, máis tarde aliouse co rei Fulque cando Zengi asediou a cidade en 1139 e 1140;Runciman, Steven (1952). A History of the Crusades, vol. II: The Kingdom of Jerusalem and the Frankish East, 1100–1187 (repr. Folio Society, 1994 ed.). Cambridge University Press. a alianza foi negociada polo cronista Usamah ibn Munqidh.Ousâma ibn Mounkidh, un émir syrien au premier siècle des croisades, p.182 (en BnF) Dispoñible en http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k5440995n.image.r=Ous%C3%A2ma+ibn+Mounkidh.f203.langEN

A finais de 1144, Xoscelino II aliouse cos artúquidas e marchou de Edesa con case todo o seu exército para apoiar o exército artúquida contra Alepo. Zengi, xa tentando aproveitar a morte de Fulque en 1143, foi ao norte para sitiar Edesa, que caeu no seu poder un mes despois, o 24 de decembro de 1144. Manasés de Hierges, Filipe de Milly e outros foron enviados de Xerusalén para axudaren, mais chegaron moi tarde. Xoscelino II continuou a gobernar os restos do condado desde Turbessel, mais os musulmáns devagar conquistaron ou venderon aos bizantinos o resto do territorio. Zengi foi enxalzado por todo o islam como "defensor da fe" e como al-Malik al-Mansur, "o rei vitorioso". Non procurou atacar o territorio restante de Edesa nin o Principado de Antioquía, como se temía, pois certos acontecementos en Mosul o obrigaron a tornar a casa, e unha vez máis volveu a súa atención para Damasco. Porén, asasinouno un escravo en 1146 e sucedeuno en Alepo o seu fillo Nur ad-Din.

Quantum praedecessores miniatura|Papa Uxío III A noticia da caída de Edesa foi traída a Europa primeiro por peregrinos a principios de 1145, e despois por embaixadas de Antioquía, Xerusalén e Armenia. O bispo Hugo de Xabala informou da noticia ao papa Uxío III, que o 1 de decembro dese ano emitiu a bula Quantum praedecessores, na que pedía unha segunda cruzada.Tyerman 2006, pp. 273–275. Hugo tamén contou ao papa dun rei cristián oriental quen, esperábase, traería alivio para os estados cruzados. Esta é a primeira mención documentada sobre o Preste Xoán.Runciman 1952, p. 247. Uxío non controlaba Roma, así é que vivía en Viterbo,Tyerman 2006, p. 289. porén, pretendeu que a segunda cruzada fose máis organizada e controlada por un poder central que a primeira: os exércitos serían comandados polos reis máis fortes de Europa e planificaríase unha ruta de antemánTyerman 2006, p. 298..

A resposta inicial á bula da nova cruzada foi pobre e, de feito, cando ficou claro que Lois VII de Francia formaría parte da expedición, tivo que ser reeditada. Lois VII tamén estivera considerando unha nova expedición independentemente do papa, a cal anunciou á súa corte en Nadal, en Bourges, no ano 1145. É discutible se Lois estaba a planear unha cruzada ou de feito unha peregrinación para cumprir o voto que fixera ao seu irmán morto, Filipe, de ir a Terra Santa. É probable que Lois tomara esta decisión aínda sen saber sobre Quatum praedecessores. En calquera caso, o abade Suger e outros nobres non aprobaban os plans de Lois, pois os ausentarían do reino por varios anos. Lois consultouno con Bernaldo de Claraval, quen o remitiu a Uxío. Entón Lois definitivamente soubo da bula papal, e Uxío apoiou entusiasticamente a cruzada do rei francés. A bula reeditouse o 1 de marzo de 1146, e Uxío autorizou a Bernaldo a predicar a noticia por toda Francia.Tyerman 2006, pp. 275–281.

San Bernaldo de Claraval miniatura|San Bernaldo predica a segunda cruzada en Vézelay, 1146 O papa encomendou a Bernaldo predicar a segunda cruzada, e concedeu as mesmas indulxencias para ela que o papa Urbano II concedera para a primeira cruzada.Bunson, Matthew, Margaret, & Stephen (1998). Our Sunday Visitor's Encyclopedia of Saints. Huntington: Our Sunday Visitor. ISBN 0-87973-588-0. En 1146 convocouse un parlamento en Vézelay, Borgoña, e Bernaldo predicou perante a asemblea o 31 de marzo. Lois VII de Francia, a súa muller Aliénor de Aquitania e os príncipes e señores presentes prostráronse aos pés de Bernaldo para recibir a cruz dos peregrinos. Bernaldo despois pasou a Alemaña, e os milagres relatados que se multiplicaban case con cada paso seu sen dúbida contribuíron ao éxito da súa misión. En Espira (Speyer), Conrado III de Alemaña e o seu sobriño, o emperador Frederico Barbarroxa do Sacro Imperio Romano, recibiron a cruz das mans de Bernaldo.Riley-Smith, Jonathan (1991). Atlas of the Crusades. Nueva York: Facts on File. O papa Uxío veu en persoa ata Francia para impulsar a empresa. Pese ao seu celo subxugante, Bernaldo non predicou nin o fanatismo nin a persecución, mais, como na primeira cruzada, a prédica levou a ataques contra os xudeus; aparentemente un monxe francés fanático chamado Rodolfo, alegando que os xudeus non estaban contribuíndo financeiramente co rescate de Terra Santa, inspirou matanzas de xudeus en Renania, Colonia, Maguncia, Worms e Espira. Bernaldo, o arcebispo de Colonia e o arcebispo de Maguncia foron vehementes contra estes ataques. Bernaldo viaxou de Flandres a Alemaña para manexar o problema e calmar a turba. Alí atopou Rodolfo, en Maguncia, e silenciouno devolvéndoo para o seu mosteiro.Tyerman 2006, pp. 281–288.

Cruzada dos wendos Cando se convocou á segunda cruzada, moitos alemáns do sur ofrecéronse a ir como cruzados a Terra Santa. Os saxóns do norte de Alemaña estaban remisos. Nunha Dieta Imperial reunida en Fráncfort o 13 de marzo de 1147 dixeron a San Bernaldo que desexaban facer unha campaña contra os eslavos. O 13 de abril Uxío emitiu unha bula papal coñecida como Divina dispensatione que aprobaba o plan dos saxóns. Esta bula afirmaba non haber diferenza entre os froitos espirituais dos distintos cruzados. Os que se ofreceron para a cruzada contra os eslavos eran principalmente daneses, saxóns e polacos,Davies, Norman (1996). Europe: A History. Oxford: Oxford University Press. p. 1365. ISBN 0-06-097468-0. aínda que tamén houbo algúns bohemios.Herrmann, Joachim (1970). Die Slawen in Deutschland. Berlin: Akademie-Verlag GmbH. p. 530. Ao mando xeral púxose o legado papal, Anselmo de Havelberg . A campaña en si foi dirixida por familias saxoas como os Ascania, os Wettin e Schauenburg.Herrmann 1970, p. 328.

Molestos pola participación alemá na cruzada, os obodritas preventivamente invadiron Wagria, en Holsacia (Holstein), en xuño de 1147, atrasando a marcha dos cruzados ata finais do verán do mesmo ano. Tras expulsaren os obodritas do territorio cristián, os cruzados dirixíronse para o forte obodrita, en Dobin, e para o forte luticio, en Demmin. As forzas que atacaron Dobin incluíron as dos daneses Canuto V e Sweyn III, Adalberto II, arcebispo de Bremen e o duque Henrique o León de Saxonia. Cando algúns cruzados propuxeron asolar os campos, outros obxectaron preguntando: "Non é a terra que estamos a devastar a nosa terra, e o pobo co que estamos a loitar o noso pobo?" Christiansen, Eric (1997). The Northern Crusades. Londres: Penguin Books. p. 287. ISBN 0-14-026653-4. O exército saxón baixo Henrique o León retirouse despois de que o xefe pagán, Niklot, acordara que a gornición de Dobin fora sometida ao bautismo.

Despois de sitiar sen éxito Demmin, os margraves desviaron un continxente de cruzados para atacar Pomerania. Chegaron á cidade xa cristiá de Stettin (Szczecin), tras o cal os cruzados, despois de reunirse co bispo Adalberto de Pomerania e o Príncipe Ratibor I de Pomerania, dispersáronse. Segundo Bernaldo de Claraval, o obxectivo da cruzada era combater os eslavos pagáns "ata o momento en que, coa axuda de Deus, eles sexan convertidos ou eliminados".Christiansen 1997, p. 53

Con todo, a cruzada non conseguiu alcanzar a conversión da maior parte dos wendos. Os saxóns lograron conversións en gran parte simbólicas en Dobin, e os eslavos tornaron ás súas crenzas pagás cando os exércitos cristiáns marcharon. Alberte de Pomerania explicou: "Se viran a fortalecer a fe cristiá... deberían facelo coa prédica, non coas armas".Christiansen 1997, p. 54

Para o final da cruzada, a zona rural de Mecklenburg e Pomerania foi saqueada e despoboada con moito derramamento de sangue, especialmente polas tropas de Henrique o León.Barraclough, Geoffrey (1984). The Origins of Modern Germany. New York: W. W. Norton & Company. p. 481. ISBN 0-393-30153-2. O obxectivo era debilitar para obter máis vitorias cristiás no futuro. Os habitantes eslavos tamén perderon moitos dos seus medios de produción, o cal limitou a súa futura resistencia.

Reconquista e caída de Lisboa