Charles-Alexis-Adrien Duhérissier de Gerville, nado en Gerville-la-Forêt o 19 de setembro de 1769 e finado en Valognes o 26 de xullo de 1853, foi un erudito, historiador, naturalista e arqueólogo francés.

Traxectoria miniatura|O Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela é un exemplo do estilo románico. Era fillo do nobre Charles de Gerville. Estudou no colexio de Coutances e máis tarde estudou dous cursos de Dereito na universidade da cidade de Caen.

Charles de Gerville cuñou por primeira vez o termo románico para se referir á etapa da arquitectura que comprendía dende a caída do Imperio Romano até o século XII; o termo xa existía relacionado coas linguas derivadas do latín (linguas romances ou románicas) e el empregouno nunha carta dirixida en 1818 ao seu amigo Arcisse de Caumont, outro arqueólogo francés que foi quen o difundiu no seu Essai sur l'architecture du moyen âge, particulièrement en Normandie (Ensaio sobre a arquitectura medieval, particularmente en Normandía), datado no ano 1824.

Obras Voyage archéologique dans la Manche, 1818-1820. Les Abbayes et les anciens châteaux de la Manche, 1825. Recherches sur le Hague-dike et les premiers établissements militaires des Normands sur nos côtes, 1831. Études géographiques et historiques sur le département de la Manche, 1854. Les Châteaux de la Manche: l’arrondissement de Saint-Lô, 1989.

Véxase tamén Bibliografía Lefèvre, F. (1996) La famille de Charles du Hérissier de Gerville, Saint-Lô: Société d’archéologie et d’histoire de la Manche.

Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Arqueólogos de Francia Categoría:Nados no departamento de Mancha Categoría:Nados en 1769