Últimas cartas de Jacopo Ortis (en ) é a novela máis importante de Ugo Foscolo, escrita entre 1798 e 1802.A primeira edición data de 1802. A segunda edición, con cambios profundos, publicouna Foscolo en Zürich en 1816. A terceira sairía en Londres en 1817

Foi traducida ó galego por Isabel Soto e foi publicada pola Editorial Hugin e Munin no ano 2016.

Trama e características miniatura|dereita|O autor da obra, Ugo Foscolo, retratado en 1813. Está considerada a primeira novela epistolar da literatura italiana. Consiste na reprodución das cartas do protagonista, Jacopo Ortis, por parte do seu destinatario, o editor e amigo Lorenzo Alderani. Este último, tras o suicidio de Jacopo, exponas de maneira cronolóxica ao tempo que lles engade un proemio e mais unha conclusión. Está vagamente inspirado nun feito real, segundo o modelo literario fixado n'As mágoas do mozo Werther (1774) por Johann Wolfgang von Goethe.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Achegamento crítica á obra. Concordanze delle Ultime Lettere di Jacopo Ortis Il problema dell'originalità dell'Ortis, ISBN 978-88-6122-056-0, Seneca Edizioni.

Categoría:Obras literarias de 1802 Categoría:Obras literarias en italiano Categoría:Obras traducidas do italiano ao galego