Zygmunt Bauman, nado en Poznań o 19 de novembro de 1925 e finado en Leeds o 9 de xaneiro de 2017, foi un sociólogo, filósofo e ensaísta polaco de orixe xudía. A súa obra, que comezou na década de 1950, ocúpase, entre outras cousas, de cuestións como as clases sociais, o socialismo, o holocausto, a hermenéutica, a modernidade e a posmodernidade, o consumismo, a globalización e a nova pobreza. Desenvolveu o concepto da «modernidade líquida» e acuñou o termo correspondente.'Sociedad líquida' El Diario Vasco, consultado o 11 de outubro de 2011 Xunto co tamén sociólogo Alain Touraine, Bauman recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades en 2010.

Traxectoria

Naceu no seo dunha familia humilde. Na súa fuxida do nazismo trasladouse á Unión Soviética e posteriormente regresou a Polonia, onde militou no Partido Comunista.Clarín.com : Zygmunt Bauman: "Sí, fui un espía del comunismo" Foi mestre de filosofía e socioloxía na Universidade de Varsovia antes de verse obrigado a marchar de Polonia en 1968 por mor da política antisemita desenvolvida polo goberno comunista despois dos sucesos de marzo de 1968. Após a súa marcha da universidade desa cidade, ensinou socioloxía en países como Israel, os Estados Unidos e o Canadá. Dende 1971 residía en Inglaterra. Foi mestre na Universidade de Leeds, da que foi profesor emérito dende 1990.

Recoñecementos

Premio Europeo Amalfi de Socioloxía e Ciencias Sociais (1989) Premio Theodor W. Adorno da cidade de Frankfurt am Main (1998) Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades (2019)Los sociólogos Touraine y Bauman ganan el Príncipe de Asturias de Comunicación, 20 minutos, 27 de maio de 2010, consultado o mesmo día.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Sociólogos de Polonia Categoría:Escritores de Polonia Categoría:Escritores en lingua polaca Categoría:Holocausto Categoría:Premios Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Carolina de Praga Categoría:Alumnos da Universidade de Varsovia Categoría:Nados en 1925 Categoría:Nados en Poznan Categoría:Finados en 2017 Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Profesores da Universidade de Leeds