Os eicosanoides non clásicos son moléculas de sinalización lipídicas bioloxicamente activas producidas pola oxixenación de ácidos graxos de 20 carbonos distintos dos eicosanoides clásicos.
Terminoloxía
"Eicosanoide" é o termo colectivo usado para os derivados oxixenados de tres diferentes ácidos graxos esenciais de 20 carbonos: ácido eicosapentaenoico (EPA), ácido araquidónico (AA) e ácido dihomo-gamma-linolénico (DGLA).
O uso actual limita o termo aos leucotrienos (LT) e aos tres tipos de prostanoides: prostaglandinas (PG) prostaciclinas (PGI), e tromboxanos (TX). As eoxinas son análogos 14,15 de leucotrienos e son sintetizados de maneira similar aos leucotrienos estándar.Feltenmark S, Gautam N, Brunnström A, Griffiths W, Backman L, Edenius C, Lindbom L, Björkholm M, Claesson HE (January 2008). "Eoxins are proinflammatory arachidonic acid metabolites produced via the 15-lipoxygenase-1 pathway in human eosinophils and mast cells". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 105 (2): 680–685. doi:10.1073/pnas.0710127105. PMC 2206596. PMID 18184802. Porén, hai outras varias clases de compostos que tecnicamente se poderían considerar eicosanoides, entre os que están as hepoxilinas, resolvinas, isofuranos, isoprostanos, lipoxinas, epi-lipoxinas, ácidos epoxieicosatrienoico (EETs) e endocannabinoides. Os leucotrienos e os prostanoides son ás veces denominados 'eicosanoides clásicos' para diferencialos dos eicosanoides 'non clásicos', 'novos' ou compostos 'similares a eicosanoides' (eicosanoid-like).
Os eicosanoides clásicos son mediadores autócrinos e parácrinos, activos a concentracións micromolares (ou menores), producidos con alta estereoespecificidade. Prodúcense a partir de ácidos graxos esenciais (principalmente ácido araquidónico) pola acción dos encimas ciclooxixenase (COX) ou 5-lipoxixenase.
En liñas xerais, os eicosanoides non clásicos son os produtos de ácidos graxos esenciais de 20 carbonos e de
outros encimas de oxixenación, (hepoxilinas, resolvinas, lipoxinas, epi-lipoxinas, ácidos epoxieicosatrienoicos (EETs)); reaccións de oxixenación non catalizadas (isofuranos, isoprostanos, fitoprostanos); reaccións de adición distintas da oxixenación (endocannabinoides). Tamén se inclúen produtos colaterais derivados da biosíntese de eicosanoides clásicos (levuglandinas, oxoeicosanoides); reaccións entre outros ácidos graxos e estas rutas metabólicas (os produtos do encima COX do ácido pinolénico e do ácido de Mead).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Docosanoides
Categoría:Eicosanoides