Xesús Sanxoás Formoso, nado en Vigo cara a 1942, é un avogado e político galego.

Traxectoria Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela onde dende 1966 encabezou un movemento estudantil nacionalista que conseguiu ter presenza nos acontecementos de 1968 na universidade galega. Foi sancionado coa perda de curso en 1968.La Voz de Galicia, 29-3-1968, p. 7. Foi un dos fundadores da UPG. Detido, foi xulgado polo Tribunal de Orde Pública. Foi novamente detido en Vigo en agosto de 1975.La Voz de Galicia, 23-8-1975, p. 17.

Foi o delegado da discográfica Edigsa en Galiza, coa cal distribuía as gravacións do colectivo Voces Ceibes.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Mobilizacións estudantís de 1968 na Universidade de Santiago de Compostela

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Políticos da UPG

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1942

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes