Mary Jean "Lily" Tomlin, nada en Detroit (Míchigan) o 1 de setembro de 1939 é unha actriz, cómica, guionista, cantante e produtora teatral estadounidense.
Traxectoria Comezou no mundo da interpretación trala universidade realizando stand-up comedy en clubs nocturnos de Detroit e Nova York. Apareceu na televisión por primeira vez en The Merv Griffin Show en 1965.Lily Tomlin at the Paley Center consultado o 24 de agosto de 2015
En 1969 uniuse ao programa de sketches cómicos da NBC Rowan and Martin's Laugh-In. O seu éxito foi instantáneo e comezou a aparecer con personaxes regulares que ela mesma creara.
En abril de 1977 foi a primeira muller en protagonizar un espectáculo en solitario en Broadway, coa estrea de Appearing Nitely. Ese mesmo mes apareceu na portada da revista Time co titular "America's New Queen of Comedy" (“A nova raíña da comedia dos Estados Unidos”).
Debutou no cinema dramático en Nashville, de Robert Altman, polo que foi candidata ao Oscar á mellor actriz secundaria. O seu maior éxito no cinema foi 9 to 5 (1980), no que traballou con Jane Fonda e Dolly Parton.
Na década de 1990 volveu á televisión interpretando a xefa da protagonista en Murphy Brown. Tamén tivo un papel recorrente en Desperate Housewives.
Filmografía + Título Ano Personaxe Notas Scarecrow in a Garden of Cucumbers 1972 Telephone Voice Sen acreditar Nashville 1975 Linnea Reese The Late Show 1977 Margo Sperling Moment by Moment 1978 Trisha Rawlings 9 to 5 1980 Violet Newstead The Incredible Shrinking Woman 1981 Pat Kramer/Judith Beasley All of Me 1984 Edwina Cutwater Big Business 1988 Rose Ratliff/Rose Shelton The Search for Signs of Intelligent Life in the Universe 1991 Trudy, et al. Sombras e néboa 1992 Prostituta The Player 1992 Ela mesma The Beverly Hillbillies 1993 Miss Jane Hathaway Short Cuts 1993 Doreen Piggot Blue in the Face 1995 Waffle eater Getting Away with Murder 1996 Inga Mueller Flirteando co desastre 1996 Mary Schlichting Krippendorf's Tribe 1998 Prof. Ruth Allen Tea with Mussolini 1999 Georgie Rockwell Disney's The Kid 2000 Janet Orange County 2002 Charlotte Cobb I Heart Huckabees 2004 Vivian Jaffe A Prairie Home Companion (filme) 2006 Rhonda Johnson Ant Bully, benvido ao formigueiro 2006 Mommo Voice The Walker 2007 Abigail The Pink Panther 2 2009 Mrs. Yvette Berenger Ponyo no cantil 2009 Toki Dobraxe en inglés Stars in Shorts 2012 MumAdmission2013Susannah Grandma2015Elle Reid
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Míchigan Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Detroit Categoría:Nados en 1939