Ecgberht (ou Ecgberhtus, Ecgberct, Ecgbriht, Ægbriht, Ecgbryht e Ecgbyrht), finado o 4 de xullo de 673, foi un rei de Kent que gobernou desde 664 até a súa morte, sucedendo ao seu pai EorcenberhtSimon Keynes: Kings of Kent.Ecclesiastical History of the English People/Book 4#1.
Traxectoria
Familia Ecgberht era un fillo do rei Eorcenberht e a súa esposa Seaxburh de Ely, unha filla do rei Anna de Anglia Oriental. Tiña dúas irmás, Eorcengota e Eormenhild, e un irmán, HlothhereBeda: HE 3,8Beda: HE 4,26. Eorcengota converteuse en monxa da abadía de Faremoutiers no Reino franco e Eormenhild casou con Wulfhere (658-675), rei de MerciaMary Dockray-Miller: Motherhood and Mothering in Anglo-Saxon England, Palgrave Macmillan, 2000, ISBN 978-0-312-22721-0, S. 13.. Eorcenberht tiña a Æthelred e Ethelberht, os fillos orfos do seu irmán Eormenred, baixo a súa protecciónBarbara Yorke: Kings and Kingdoms of early Anglo-Saxon England, Routledge, 2002, ISBN 978-0-415-16639-3, S. 35..
Ecgberht e a súa esposa, cuxo nome se descoñece, tiveron dous fillos, Eadric (685-686) e Wihtred (690-725), quen máis tarde tamén foron reis. Talvez tamén Eormenhild ("Hermelinda"), a muller anglosaxoa do longobardo Cuniperto, fose filla de EcgberhtHistoria Langobardorum V, 37Ecgberht in Foundation for Medieval Genealogy; vgl.: Thomas Hodgkin, Italy and her Invaders Vol VI, S. 305.
Reinado Eorcenberht involucrou no reino ao seu fillo Ecgberht, posibelmente despois da morte do seu irmán EormenredRichard North: Heathen gods in Old English literature (Cambridge Studies in Anglo-Saxon England No. 22), Cambridge University Press, Cambridge 1997, ISBN 978-0-521-55183-0, S. 320–321..
Co fin de asegurar a súa propia posición, Ecgberht deixou que os seus curmáns Æthelred e Ethelberht, rivais potenciais ao trono, fosen asasinados, contratando ao asasino Thunor; estes máis tarde foron venerados como santosCrónica anglosaxoa do ano 640 Online en Proxecto Gutenberg (englisch); vgl.: Symeon von Durham, Historia regum Anglorum et Danorum. A liña de Eormenred eliminouse así do trono e a loita dinástica polo poder chegou ao seu finD. P. Kirby: The Earliest English Kings, Routledge, 2000, ISBN 978-0-415-24211-0, S. 37..
A lenda de Mildred informa que Ecgberht tivo que pagar como wergeld á irmá dos seus curmáns, Domne Eafe, as terras da Illa de Thanet, onde se construíu o Mosteiro dúplice de Minster-in-ThanetJohn Blair: The church in Anglo-Saxon society, Oxford University Press, Oxford 2005, ISBN 978-0-19-822695-6, S. 95..
Eorcenberht morreu no ano 664, sendo Adeodato Arcebispo de Canterbury, cando se desatou unha praga en toda Gran Bretaña, que cobrou moitas vítimasBeda: HE 3,27 und HE 4,1. Ecgberht I sucedeu ao seu pai como único rei de Kent. A súa nai Sexburga retirouse a un mosteiro.
Unha carta recorda o seu padroado do mosteiro de Chertsey.
A corte de Ecgberht parece ter moitos contactos diplomáticos e eclesiásticos. Recibiu a Wilfrido de York e Bieito Biscop e proporcionou escoltas ao arcebispo Teodoro de Tarso e ao abade Hadrián de Canterbury para os seus desprazamentos na Galia.
Os seus contactos diplomáticos oscilaron entre Imperio Franco e probabelmente até os longobardos no norte de Italia.
Estaba relacionado coas casas reais de Mercia, Anglia Oriental, Northumbria e Magonsæte e parece gozar de gran reputaciónD. P. Kirby: The Earliest English Kings, Routledge, 2000, ISBN 978-0-415-24211-0, S. 35–36.. Polo menos partes de Surrey estaban entre os dominios de Ecgberht. Ao redor de 666 pagou con terras a Eorcenwald, bispo de Londres, para que fundase Ceortesei (Abadía de Chertsey). En 669 Ecgberht perdeu a supremacía sobre Surrey co rei Wulfhere de MerciaJohn Blair: Chertsey..
Ecgberht foi sucedido polo seu irmán Hlothhere, quen á súa vez foi sucedido por Eadric e máis tarde por Wihtred.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Beda, Historia ecclesiastica gentis Anglorum. Kirby, D. P. (1991). The Earliest English Kings. Londres: Unwin Hyman. pp. 43–44. ISBN 0-04-445691-3.
Categoría:Reis de Kent Categoría:Finados en 673