O oso formigueiro xigante (Myrmecophaga tridactyla), é unha especie de mamífero placentario da orde dos pilosos e familia dos mirmecofáxidos, a única actualmente vivente do xénero Myrmecophaga, que habita en América Central e do Sur.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito orixinalmente no ano 1758 polo científico, naturalista, botánico e zoólogo sueco Carl von Linné,Wilson D. E. & D. M. Reeder (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic eference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4. o creador dos fundamentos para o esquema moderno da nomenclatura binomial e o fundador da moderna taxonomía. A descrición realizouna ao mesmo tempo que a da súa especie tipo, Myrmecophaga tridactyla. A publicación efectuona na décima edición do seu Systema naturæ.Myrmecophaga tridactyla en Linnæus, Carl (1758): Systema Naturæ per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. 10ª ed. Holmiæ: Laurentius Salvius, p. 35.

Outras especies Ademais desta especie, describiuse outra extinta, Myrmecophaga caroloameghinoi † (Kraglievich, 1934).

E nos primeiros anos do século XXI, o zoólogo neerlandés —nacionalizado brasileiro— Marcus Gerardus Maria van Roosmalen, deu a coñecer a existencia dunha terceira especie do xénero Myrmecophaga, a que sería a segunda vivente, o chamado oso formigueiro xigante arborícola. Porén, este novo taxon aínda non conta cunha descrición formal. Segundo o propio van Roosmalen, esta nova especie ten a particularidade de gabear pola árbores, algo que non fai a especie vivente tradicional. Aínda non logrou encontar restos dalgún espécime que permita unha publicación respectando as normas impostas polo Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica (ICZN), pero logrou filmalo en vídeo no seu ambiente natural, a selva tropical amazónica do centro-norte do Brasil.Roosmalen, Marc G. M. van (2015). Hotspot of new megafauna found in the Central Amazon (Brazil): the lower Rio Aripuanã Basin. Biodiversity Journal, 2015, 6 (1): 219–244.William. (2008). Interview with Marc van Roosmalen Fish and aquatic news. 23 de setembro de 2008.

Etimoloxía O nome deste xénero Linneo formouno co primeiro elemento do latín científico Myrmeco-, tirado do grego antigo μύρμηξ ηκος mýrmēx -ēkos, "formiga", e o segundo elemento -phaga, do grego φάγος phágos, "comellón". Literalmente: "os comedores de formigas".

Subespecies Segundo Mammals Species of the World e o SIIT e distínguense as seguintes subespecies:Myrmecophaga tridactyla na EOL.Myrmecophaga tridactyla no SIIT.

Myrmecophaga tridactyla Linnaeus, 1758 Myrmecophaga tridactyla artata Osgood, 1912 Myrmecophaga tridactyla centralis Lyon, 1906 Myrmecophaga tridactyla tridactyla Linnaeus, 1758 (Sinónimo: Myrmecophaga tridactyla iubata Weid, 1826)

Características

O corpo do oso formigueiro xigante mide entre 100 e 120 cm de lonxitude, e a súa cola de 60 a 90 cm; pesa entre 25 e 39 kg.Myrmecophaga tridactyla na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. A especie extinta era menor.

Conta cun fociño moi alongado e de forma cónica, e unha igualmente alongada lingua de 60 cm, recuberta por unha substancia adherente que lle permite recolectar o seu alimento: formigas e térmites, que caza nos seus grandes e fortes niños (formigueiros e termiteiros), que rompe utilizando as súas poderosas garras curvas presentes nas súas patas dianteiras. Carece de dentes.Redford, K. H. and J. F. Eisenberg (1992). Mammals of the Neotropics, The Southern Cone: Chile, Argentina, Uruguay, Paraguay. University of Chicago Press, Chicago, USA. Ten unha cola de abundantes, longos, grosos e mestos pelos, que emprega como abrigo para cubrir o seu corpo durante as noites frías.VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 80-83.

Distribución e hábitat

O osos formigueiro xigante distribuese por América Central e no norte e centro de América do Sur. Orixinariamente presentaba poboacións desde Belize polo norte até Uruguai polo sur.Cabrera, A. (1958): "Catálogo de los mamíferos de América del Sur". Revista del Museo Argentino de Ciencias Naturales "Bernardino Rivadavia". Ciencias Zoológicas, 4 (1): iv + 308 pp.Cabrera, A. (1961): "Catálogo de los mamíferos de América del Sur". Revista del Museo Argentino de Ciencias Naturales "Bernardino Rivadavia". Ciencias Zoológicas. 4: 309-732. A destrución do seu hábitat e a caza ilegal convertérono nunha especie en retroceso numérico, provocando a súa total extinción en Guatemala, O Salvador e o Uruguai.Enrique M. González & Juan A. Martínez Lanfranco (2010): Mamíferos de Uruguay. Guía de campo e introducción a su estudio y conservación. Montevideo, Uruguay: Ediciones de la Banda Oriental. e posibelmente en Belize.

En todos os países de Centroamérica xa é un animal moi raro.

As poboacións suramericanas encóntranse en mellor estado de conservación, chegando as máis austrais ao norte da Arxentina.Galliari, C.; U. Pardinas, & F. Goin (1996): "Lista comentada de los mamíferos Argentinos". Mastozoología Neotropical 3 (1): 39-61.

A especie extinta habitou máis ao sur, alcanzando os 39° S na zona de Monte Hermoso, ao suroeste da provincia de Buenos Aires, no centro-leste da Arxentina.Kraglievich, L. (1934): La antigüedad pliocena de las faunas de Monte Hermoso y Chapadmalal, deducidas de su comparación con las que le precedieron y sucedieron. Montevideo, Uruguay: Imprenta El Siglo Ilustrado, pp. 1-136.Hirschfeld, S. E. (1976): "A new fossil anteater (Edentata, Mammalia) from Colombia, SA and evolution of the Vermilingua. Journal of Paleontology, 419-432.

Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualificou na actualidade (2014) a situación da especie como vulnerábel (VU). Estima que as súas maiores ameazas son a perda dos seus e hábitats en moitas partes da súa área de dispersión, en particular para as poboacións de América Central. Nos lugares onde a especie habita en zonas de pasteiros é particularmente susceptíbel aos incendios. No Brasil, a queima de plantacións de cana de azucre antes da súa colleita leva á morte dun número significativo de osos formigueiros xigantes debido a queimaduras severas. Moitois animais morren ás veces atropelados nas estradas o atacandos por cans. Moitos cázanse para alimento ao longo da súa área de distribución, ademais de seren cazados como se dunha praga se tratase, para telos como mascotas ou para o comercio ilegal.

Outras relacións cos humanos Nalgunhas zonas, os osos formigueiros xigantes, como quedou dito, cázanse para alimento; isto é especialmente certo na zona da Caatinga do Brasil. Ademais, a súa pel utilízase para a fabricación de arneses e outros produtos de coiro, así como para usos medicinais.Ferreira, F. S.; Fernandes-Ferreira, H.; Léo Neto, N. A.; Brito, S. V. and Alves, R. R. N. (2013): "The trade of medicinal animals in Brazil: current status and perspectives". Biodiversity and Conservation 22: 839-870.

Galerías Nota: Prema sobre cada imaxe para ampliala.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-231-11013-8. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos Pilosos Mirmecofáxidos

Ligazóns externas Myrmecophaga Linnaeus, 1758 en Fossilworks . Myrmecophaga tridactyla na ADW. Myrmecophaga tridactyla na EOL. Informacións, imaxes e mapas de distribución

Categoría:Placentarios Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné