miniatura|150px
Romano, nado en Gallese e finado en novembro de 897, foi o Papa n.º 114 da Igrexa católica en 897.
Traxectoria Era irmán de Mariño I, nados en Gallese, unha cidade do Lacio preto de Civita Castellana. Cardeal de San Pedro in Vincoli, foi elixido papa a finais de agosto de 897, probablemente polo partido alemán.
Durante o seu breve pontificado de catro meses comezou a traballar na anulación de todas as disposicións do seu antecesor, Estevo VI, labor continuada polo seu sucesor Teodoro II.
Incluíu as illas de Mallorca e Menorca na diocese de Xirona, se ben o documento no que se recolle esta disposición é apócrifo.
Algúns historiadores apuntan que puido ser destronado e obrigado a recluírse nun mosteiro. Finou en novembro de 897, non se sabe se por morte natural ou envelenado.
Categoría:Papas Categoría:Finados en 897