Asdrúbal Esteban Fontes Bayardo, coñecido como "Pocho", nado o 26 de decembro de 1922 en Pan de Azúcar, Uruguai, e finado o 9 de xullo de 2006 en Montevideo, foi un piloto de carreiras uruguaio.
Traxectoria Durante a segunda metade de finais da década de 1950, Fontes Bayardo participou na serie altamente competitiva Fórmula Libre arxentina, que foi evolucionando aos poucos ata ser disputada cos regulamentos da Fórmula Un. Gañou a primeira carreira celebrada no circuíto do Pinar de Montevideo en outubro de 1956, co seu Maserati 4CLT propulsado por un motor Chevrolet V8, tamén gañou en Interlagos en novembro de 1957 co mesmo coche.
Viaxou a Europa en 1959 para participar no Gran Premio de Francia de 1959 coa Scuderia Centro Sud, pilotando un vello Maserati 250F, co cal non chegou a cualificar. Regresou a América do Sur, onde continuou na Fórmula Libre e tamén participou en carreiras de resistencia.
Na década de 1960 tiña un concesionario de Gneeral Motors en Pan de Azúcar, San Carlos e Maldonado, e director dunha empresa produtora de camionetas baseadas nas Opel en Pan de Azúcar baixo o nome de "Marina". Máis tarde traballou para unha axencia asociada ao BSE (Banco de Seguros del Estado), unha gran corporación bancaria uruguaia.."Where are they now?" at www.oldracingcars.com
Bayardo morreu na súa casa en Montevideo en xullo de 2006.El Observador (Uruguay) - Death notices 11 xullo 2006. O circuíto urbano de Piriápolis leva o seu nome.Asdrúbal "Pocho" Fontes, se denomina el Callejero de Piriápolis , Info Maldonado, 10 de novembro de 2011
Resultado completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos Scuderia Centro Sud Maserati 250F Maserati 6 en liña MON 500 NED FRANSC GBR ALE POR ITA USA NC 0
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Alfredo Parga - "Historia Deportiva del Automovilismo Argentino".
Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 do Uruguai Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Scuderia Centro Sud Categoría:Nados no departamento de Maldonado Categoría:Personalidades sen imaxes