A montaña máxica (en ) é unha novela de Thomas Mann que se publicou en 1924. É considerada a novela máis importante do seu autor e un clásico da literatura en lingua alemá do século XX que foi traducido a numerosos idiomas. Thomas Mann comezou a escribir a novela en 1912, por mor dunha visita á súa esposa no Sanatorio Wald de Davos no que se atopaba internada. Concibiuna inicialmente como unha novela curta, pero o proxecto foi medrando co tempo até converterse nunha obra moito máis extensa. A obra narra a estancia do seu protagonista principal, o mozo Hans Castorp, nun sanatorio dos Alpes suízos ao que inicialmente chegara unicamente como visitante. A obra foi cualificada de novela filosófica porque, aínda que se axusta ao molde xenérico do Bildungsroman ou novela de aprendizaxe, introduce reflexións sobre os temas máis variados, tanto a cargo do narrador como das personaxes (especialmente Naphta e Settembrini, os encargados da educación do protagonista). Entre estes temas ocupa un lugar preponderante o do "tempo", até o punto de que o propio autor a cualificou de "novela do tempo" (Zeitroman), pero tamén se dedican moitas páxinas a discutir sobre a enfermidade, a morte, a estética ou a política.

A novela foi vista como un vasto fresco do decadente modo de vida da burguesía europea nos anos anteriores á primeira guerra mundial.

Creación da novela Segundo declara o mesmo autor nunha introdución á novela, a idea inicial de A montaña máxica ocorréuselle por mor da estancia da súa esposa, Katia, no Sanatorio Wald de Davos, en 1912.

En varias cartas, hoxe perdidas, Katia informaba detalladamente ao seu esposo da súa vida cotiá na institución. O propio Mann a visitou durante unha tempada (en maio e xuño dese ano), e puido coñecer en por si o funcionamento da institución. Como escribiu a propia Katia:

Como a Castorp, a Mann o director do sanatorio en que estaba ingresada a súa esposa suxeriulle que permanecese internado por unha tempada, pero o autor rexeitou a idea.

Un argumento similar tiña aparecido xa na novela Tristán, de 1903, na que a personaxe de Anton Klöterjahn leva a súa muller, enferma do pulmón, a un sanatorio na montaña. Alí coñece ao escritor Detlev Spinell. Este convéncea de que toque ao piano unha pasaxe da ópera Tristán e Isolda de Richard Wagner, a pesar de que os médicos lle prohibiron calquera esforzo.

Nun primeiro momento, Mann pensou escribir sobre este tema unha novela curta que fose "a contrapartida humorística" de A morte en Venecia, que publicara en 1912, unha especie de "drama satírico". O seu propósito era publicala na revista satírica Neue Rundschau. Iniciou a escritura do primeiro capítulo da obra inmediatamente despois do seu regreso do sanatorio, interrompendo a novela na que estaba a traballar (Confesións do estafador Félix Krull). Axiña descubriu, con todo, que a historia que tiña na mente demandaba unha maior extensión, polo que terminou sendo unha "novela curta alargada".

O traballo de Mann na obra foi interrompido polo estalido da primeira guerra mundial. Retomouno en 1920, aínda que de forma descontinua. É importante ter en conta que durante o proceso de creación da novela, as opinións políticas de Mann sufriron unha importante transformación. Ao estalar a primeira guerra mundial, apoiou explicitamente a causa belicista e o nacionalismo alemán con varias publicacións, entre as que destaca o ensaio Consideracións dun apolítico, publicado en 1918. Neste ensaio, Mann defendía a tradición cultural alemá (Kultur), opóndoa á das democracias occidentais (Zivilisation). Esta toma de posición fíxoo enfrontarse ao seu irmán, Heinrich Mann. Desde 1922, con todo, Mann, reconciliado co seu irmán, tomou decididamente partido pola democrática República de Weimar.Aníbal Romero: "Literatura y política": Reflexiones sobre la obra de Thomas Mann (1995).

Mann publicou finalmente a novela, en dous volumes, no outono de 1924, no editorial S. Fischer.Thomas Mann-Werk-Der Autor und sein Verlag: Ein besonderes Verhältnis (en alemán).

Argumento

Chegada ao sanatorio A novela está dividida en sete capítulos, cada un dos cales se subdivide á súa vez en varias epígrafes. O momento histórico en que transcorre a acción non se indica de forma precisa, aínda que o autor ocúpase de comentar no prólogo á obra que se desenvolve:

A novela ábrese coa viaxe en ferrocarril do mozo de vinte e tres anos Hans Castorp desde Hamburgo até Davos, nos Alpes suízos, para visitar o seu primo Joachim Ziemssen, no Sanatorio Internacional Berghof. Castorp chega ao sanatorio á noitiña dun martes de principios de agosto (non se indica na novela a data exacta). Joachim, que pensa seguir a carreira militar, leva xa cinco meses internado no sanatorio tratándose da súa tuberculose, e advirte a Castorp, cando vai recibilo á estación, de que no lugar se vive cun sentido do tempo enteiramente diferente ao habitual.LMM, p. 14. O sanatorio atópase no alto dunha montaña, a máis de 1.600 metros de altitude.LMM, p. 17. A Castorp, que acode ao sanatorio, non como paciente, senón como simple visitante, asígnaselle a habitación 34, na que acaba de falecer unha enferma estadounidense, e que se atopa situada entre a do seu primo e a dun matrimonio ruso.

Tras narrar a primeira toma de contacto de Castorp co sanatorio e os seus hóspedes, explícanse (no capítulo II) os antecedentes familiares do protagonista, único fillo dunha familia de comerciantes de Hamburgo, que, tras o prematuro falecemento dos seus pais, foi educado primeiro polo seu avó, e logo polo seu tío, o cónsul Tienappel. Aínda que conta cunha boa posición económica grazas á herdanza familiar, acaba de concluír os seus estudos de enxeñaría naval e está ilusionado coa perspectiva de empezar a exercer a profesión.

No momento da súa chegada, Castorp ten a intención de permanecer só tres semanas no sanatorio visitando ao seu primo, antes de incorporarse ao seu traballo nos estaleiros Tunder & Wilms. Na noite da súa chegada, coñece a un dos médicos do sanatorio, o doutor Krokovski.

O primeiro día miniatura|200x200px|Pista de patinaxe en Davos, cara 1915. O capítulo III da novela está integramente dedicado a narrar minuciosamente a primeira xornada de Castorp no Sanatorio Internacional Berghof. Lixeiramente molesto polas ruidosas manifestacións de afecto do matrimonio ruso que se hospeda na habitación contigua á súa, Castorp baixa a almorzar ao comedor co seu curmán ás oito da mañá. O comedor é unha sala ampla, máis longa que ancha, e moi luminosa, na que están dispostas sete mesas, cada unha delas con capacidade para dez comensais.LMM, p. 65. Joachim presenta a Hans aos seus compañeiros de mesa, aínda que este non lles presta demasiada atención.

Ao saír do comedor, Castorp é presentado ao médico xefe, o doutor Behrens, que nunha charla aparentemente de cumprido aprecia síntomas de anemia no mozo. A continuación, Castorp e o seu primo saen a pasear polos arredores do sanatorio; crúzanse cun grupo de mozos de ambos os sexos, que forman parte, segundo explicará posteriormente Ziemssen, da "Sociedade Medio Pulmón". Unha moza do grupo, Herminie Kleefeld, asubía co seu pneumotórax para sorprender a Castorp.LMM, pp. 75-77. miniatura|194x194px|Ruggero Leoncavallo foi o modelo do personaxe de Lodovico Settembrini en canto á súa aparencia física. A Castorp a súa mestura de deixamento e encanto facíao pensar nun organilleiro. Castorp comenta que empezou a notar dous estraños síntomas desde que se atopa no sanatorio: sente un estraño ardor na cara, e deixou de apreciar o sabor dos puros que adoita fumar (da marca Maria Mancini). A conversación que segue entre os dous curmáns xira en torno ao tema da morte, pero é interrompida pola chegada dun novo personaxe, Lodovico Settembrini, un escritor italiano, de Padua, admirador de Carducci, de quen recita un himno a Satán. A aparencia de Settembrini, "mestura de deixamento e encanto", fai pensar a Castorp nun organilleiro.LMM, p. 84. A súa conversación, trufada de citas literarias, con referencias á ópera A frauta máxica, o poeta latino Virgilio e a mitoloxía grega, cáusalle a Castorp unha grata impresión. Co tempo, Settembrini, masón, ardente defensor do humanismo, a democracia e o progreso, terminará por converterse en certo xeito no amigable mentor de Castorp en cuestións de filosofía e política.

Os dous curmáns regresan despois ao sanatorio para realizar a cura de repouso prescrita no tratamento de Ziemssen, á que se suma Castorp no seu afán de seguir os costumes do lugar. Teñen unha breve conversa sobre a natureza do tempo, ata que chega a hora do xantar. Concluído este, dan un novo paseo, chegando esta vez até o pobo, ao que segue unha nova cura de repouso. Durante a comida, que a Castorp lle resulta excesiva, fai a súa aparición un novo personaxe, Clawdia Chauchat, rusa, que chama a atención de Castorp polo seu desagradable costume de dar golpes coas portas. Na cura de repouso que vén a continuación, mentres está tombado na chaise longue da terraza da súa habitación, o protagonista é testemuña das bravatas dun enfermo incurable, o señor Albin, que no xardín fantasía coa idea do suicidio ante un grupo de señoras.

Durante a cea, Castorp ve de novo a Clawdia Chauchat, que lle lembra a alguén, aínda que non consegue precisar a quen. Despois establece de novo conversa con Settembrini, quen lle aconsella que abandone canto antes o sanatorio. O protagonista, que se atopa xa moi canso, non toma en serio as palabras do italiano. Déitase pouco despois. Nos seus disparatados soños, mestúranse as persoas que coñeceu no sanatorio con recordos da súa infancia.

As primeiras tres semanas. Settembrini e Clawdia Chauchat O capítulo IV describe a vida de Castorp no sanatorio durante aproximadamente dúas semanas e media. Dous personaxes teñen un especial relevo neste capítulo: Settembrini e Clawdia Chauchat.

Durante os días que seguen ao seu ingreso no Sanatorio Internacional Berghog, o protagonista conversa a miúdo con Settembrini, quen lle fala do seu pai, un famoso erudito, e do seu avó, Giuseppe Settembrini, que fora revolucionario e tomara parte na Revolución de 1830.LMM, p. 139.LMM, pp. 220-22. O italiano exponlle tamén a Castorp as súas ideas acerca da enfermidade, a música, e o progreso.LMM, pp.142-145.LMM, pp. 163-166.LMM, pp. 226-230.

A conversación arredor da enfermidade comeza cando Castorp, un pouco ao azar, afirma que "a enfermidade, en certo xeito, ten algo de nobre".LMM, p. 141. Settembrini négao vehementemente, expoñendo o seu punto de vista, segundo o cal a idea exposta por Castorp é, en si mesma, enfermiza e escurantista. Acerca da música, as opinións de Settembrini resúltanlle a Castorp bastante chocantes: aínda que lle recoñece "un aspecto moral", en tanto que "estrutura o tempo a través dun sistema de proporcións dunha particular forza e así lle dá vida, alma e valor", afirma sentir cara a ela "unha antipatía de índole política", por canto ás veces pode exercer unha influencia similar á dos estupefacientes.LMM, p. 165. Na terceira conversación, a propósito da profunda admiración que sente polo seu avó o revolucionario, Settembrini expón claramente a súa visión do mundo.

A pesar da innegable fascinación que as palabras de Settembrini exercen sobre o seu ánimo, o protagonista non se deixa convencer de todo por elas, e mesmo manifesta en ocasións que os seus puntos de vista lle parecen absurdos. Opón a Settembrini a figura do seu propio avó, encarnación, para el, dos valores máis positivos do conservadorismo.