Antonio López Acuña, nado en Lugo o 3 de xuño de 1911 e finado na mesma cidade en decembro de 1993,La Voz de Galicia, 14-12-1993, p. 32. foi un xornalista, escritor e político galego.
Traxectoria Cursou estudos de Profesorado Mercantil na Escola de Altos Estudios Mercantís da Coruña e despois fixo a carreira de Maxisterio. Formou parte da xuventude da Unión Regional de Derechas de Lugo, en 1933 dirixiu o periódico Mundo de Ahora e colaborou en La Voz de la Verdad. Falanxista, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi redactor de Azul e dirixiu a revista da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo e Información de Economía y Legislación Mercantil y Tributaria. Foi concelleiro e tenente de alcalde de Lugo. Foi funcionario de carreira dos corpos técnico-administrativos da Deputación Provincial de Lugo e do Servizo Nacional de Produtos Agrarios e foi designado secretario técnico dos padroados provinciais de Formación Profesional e Ensinanza Media e Profesional de Lugo.
Obras Historia de la Biblioteca Provincial, 1938. Guía del Productor y Molinero, 1943. El Libro del Productor, 1944. A B C del Agricultor, con un cancionero de molino, 1945. Comentarios a las secciones de Teología y Derecho de la Biblioteca de la Provincia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Xornalistas de Lugo Categoría:Falanxistas Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Nados en 1911 Categoría:Nados en Lugo Categoría:Finados en 1993 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes