Xosé María Cao Luaces, nado en Cervo o 13 de decembro de 1862 e finado en Lanús o 27 de xaneiro de 1918, foi un caricaturista e xornalista galego.
Traxectoria Fillo dun funcionario de Facenda, residiu de novo en varios lugares, até que o seu pai conseguiu un emprego na fábrica de Sargadelos. Despois marchou a Xixón, onde traballou como pintor decorador na fábrica de louza La Asturiana e foi alumno de José María López Rodríguez. Emigrou a Buenos Aires en 1886. Ao ano seguinte foi contratado por Eduardo Sojo, director da revista Don Quijote. Traballou en Caras y Caretas.
Fundou o Orfeón Gallego en 1890. En 1892 creou e dirixiu o periódico El Eco de Galicia, desde o que impulsou a refundación do Centro Galego de Buenos Aires, pechado un ano antes. En 1894 fundou a revista El Cid Campeador, que se fusionou con La Bomba en 1895. Ilustrou almanaques da época, como El Criollo en 1893.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Xosé María Cao: “Pai da caricatura arxentina” arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. José María Cao Luaces: “The Best Galician Cartoonist of all Time” ( Inglés)
Categoría:Caricaturistas de Galicia Categoría:Xornalistas de Cervo Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Cervo Categoría:Nados en 1862 Categoría:Finados en 1918