Peter Hans "Pete" Docter, nado en Bloomington (Minnesota) o 9 de outubro de 1968 é un director de cinema, animador, guionista, produtor e actor de voz estadounidense.
Traxectoria Comezou na animación de xeito autodidacta, facendo flip books e curtametraxes caseiras coa cámara da familia.The Wizard of Up . By Colin Covert. Star Tribune. Published May 27, 2009. Estudou na Universidade de Minnesota e graduouse no California Institute of the Arts en 1990.
Entrou en Pixar aos vinte e un anos e comezou a traballar o día seguinte á súa graduación. Foi o décimo traballador e terceiro animador contratado pola compañía.Going 'Up' with Minnesotan Pete Docter. Por Euan Kerr. Minnesota Public Radio. 29 de maio de 2009.
Tras dirixir a dobraxe en inglés de Hauru no Ugoku Shiro, debutou como director con Monsters, Inc.
Filmografía Cranium Command (1989) – Animador Toy Story (1995) – Guión / animador xefe Geri's Game (1997) – Animador A Bug's Life (1998) – Storyboard adicional Toy Story 2 (1999) – Guión Monsters, Inc. (2001) – Director / Guión Mike's New Car (2002) – Director / Guión WALL-E (2008) – Guión Up (2009) – Director, guión, voz Dug's Special Mission (2009) – Produtor executivo Monsters University (2013) – Produtor executivo Inside Out (2015) – Director / Guión, voz Riley's First Date?'' (2015) – Produtor executivo / Voz
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Pixar Animation Studios website
Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Hennepin, Minnesota Categoría:Nados en 1968 Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América