Bradypus torquatus é unha especie de mamífero placentario da orde dos pilosos, suborde dos folívoros e familia dos bradipódidos,Bradypus torquatus en MSW. unha das catro que integran o seu único xénero, Bradypus.Bradypus en MSW.

É unha especie endémica do leste do Brasil (Estados de Bahia, Espírito Santo e o Río de Xaneiro), que se acha en perigo de extinción; segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) o seu estatua actual é de VU (vulnerábel).Chiarello, A. & Lara-Ruiz, P. (2014): Bradypus torquatus na Lista vermella da UICN. Versión 2015.4. Consultada o 20 de xaneiro de 2016.

Non se recoñecen subespecies, aínda que para algúns autores a poboación setentrional (no sur da Bahia) podería considerarse unha subespecie separada), aínda que indistinguíbel das outras na morfoloxía externa.

Características O preguiceiro de colar mide uns 50 cm de lonxitude e pesa uns 4,5 kg. Ten a cabeza, as orellas e os ollos pequenos e a cola curta, escondida baixo a pelaxe.

A súa pelaxe é longa, mesta e de cor escura, e está normalmente colonizado por algas, ácaros, carrachas, escaravellos e bolboretas nocturnas, que ás veceslle dan coloracións diversas.

Sobre a cabeza, o pescozo e os ombros a pelaxe ten o aspecto de crina. Por debaixo existe unha capa de lanuxe, pelo fino, mesto e pálido.

Bioloxía

Bradypus torquatus leva unha vida completamente solitaria e arborícola. Aliméntase de follas, brotes e poliñas tenras dunhas poucas especies de árbolres, especialmente de Cecropia pellata. Pasa case todo o tempo nas árbores, e raramente baixa ao solo; só descende para defecar, ou para pasar a outra árbore. No chan só pode arrastrarse, xa que é incapaz de erguere e camiñar.VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 85.

A súa principal defensa é permanecer inmóbil e, en caso de maior apuro, pode dar gadoupadas coas súas formidables uñas.

É un bo nadadore, e pode vadear ríos.

Taxonomia Descrición A especie foi descrita en 1811 polo zoólogo alemán Johann Karl Wilhelm Illiger, en Prodr. Syst. Mamm. Avium: 109.

Sinónimos Ao logo do tempo, ademais de polo nome que lle impuxo Illiger, e que é o actualmente considerado como válido, esta especie coneceuse tamén polos sinónimos seguintes: Bradypus affinis Gray, 1850 Bradypus crinitus Gray, 1850 Bradypus cristatus Hamilton-Smith, 1827 Bradypus mareyi (Anthony, 1907) Bradypus melanotis Swainson, 1835

Estado de conservación Até 1955 o preguiceiro de colar vivía en Bahia, Espírito Santo e Río de Xaneiro, no leste do Brasil, no bosque costeiro da Bahia. Pero nos úlimos anos a súa poboación declinou considerabelmente debido á destrución dese tipo de bosque para a extracción de madeira, (sobre todo para a produción de carbón vexetal), a instalación de plantacións e pasteiros é á caza excesiva.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 83–86.

Outros artigos Pilosos Folívoros Bradipódidos

Ligazóns externas Bradypus torquatus na ADW. Bradypus torquatus na EOL. Con información, imaxes e mapas Imaxes e vídeos de Bradypus torquatus en ARKive

Categoría:Placentarios Categoría:Animais descritos en 1811