Iñaki Williams Arthuer, nado en Bilbao, Biscaia o 15 de xuño de 1994, é un futbolista vasco que xoga no Athletic Club da Primeira División de España. Xoga de dianteiro centro e extremo.

Traxectoria Os seus pais son de Ghana e chegaron a España tras cruzar a pé o deserto e saltar o valado de Melilla. De aí foron a Bilbao, onde naceu Iñaki. Pasou gran parte da súa nenez en Pamplona.

Debutou como xogador do Athletic o día 6 de decembro de 2014 ante o Córdoba C. F. Destaca pola súa velocidade e xogo aéreo. Cando a súa presenza no primeiro equipo foi adoita, xogou como extremo esquerdo a falta de Iker Muniain, e debido á importancia de Aritz Aduriz no once dos vascos. O 17 de agosto conquistou a Supercopa de España, fronte ó F.C. Barcelona, rompendo a seca do Athletic de 31 anos sen gañar un título oficial.

Palmarés Athletic Club Copa do Rei (1): 2023/24. Supercopa de España (1): 2021.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha de Iñaki Williams en Athletic Club.net

Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Bilbao Athletic Categoría:Xogadores do Athletic Club de Bilbao Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores da selección de fútbol do País Vasco Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Ghana Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2026