Glenn Lewis Frey, nado en Detroit, Míchigan o 6 de novembro de 1948, e finado en Nova York o 18 de xaneiro de 2016, foi un cantante, músico, produtor e actor estadounidense. É coñecido por ser un membro fundador do grupo muscal Eagles. Durante a década de 1970, Frey tocou a guitarra coa banda, alén do piano e o teclado. A carón de Don Henley, Frey foi un dos primeiros cantantes de Eagles. Cantou a voz principal de cancións como "Take It Easy", "Peaceful Easy Feeling", "Tequila Sunrise", "Already Gone", "Lyin' Eyes", "New Kid in Town" e "Heartache Tonight".
Após saír de Eagles en 1980, Frey embarcouse nunha exitosa carreira en solitario. Lanzou o seu primeiro álbum en solitario, No Fun Aloud en 1982 e acadou o Top 40 con "The One You Love", "Smuggler's Blues", "Sexy Girl", "The Heat Is On", "You Belong to the City", "True Love", "Soul Searchin'" e "Livin' Right".
Como membro de Eagles, Frey gañou seis Premios Grammy, e cinco American Music Awards.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Cantantes de Míchigan Categoría:Nados en Detroit Categoría:Nados en 1948 Categoría:Finados en 2016