miniatura|230px|Armadillo xigante (Priodontes maximus). miniatura|230px|Tolypeutes tricinctus enrolado en bóla. A dos tolipeutinos (Tolypeutinae) é unha subfamilia de mamíferos placentarios da orde dos cingulados, unha das tres que constitúen a súa única familia, a dos dasipódidos,Dasypodidae en MSW que inclúe varias especies de armadillos.
Esta subfamilia agrupa tres xéneros, con sete especies actuais,Tolypeutinae en MSW.
Taxonomía Descrición A subfamilia foi descrita en 1865 polo zoólogo inglés John Edward Gray en Proc. Zool. Soc. Lond., 1865: 365.
Etimoloxía O nome científico da subfamilia, Tolypeutinae, fórmase, como é habitual, sobre a base do xenitivo do nome do seu xénero tipo, neste caso Tolypeutes, engadínolle a desinencia do latín científico -inae, propia dos nomes das subfamilias de animais.
En canto ao nome do xénero tipo, Tolypeutes, é a adpatación do neoloxismo do grego científico τολυπευτής, tolypeutés, "bóla de lá", derivado do grego antigo τολυπεύω tolypeúo, "amontoar, amorear" Tolypeutes en Animalia. Etymology of animal names.Tolypeutes matacus en Comparative Placentation.
Clasificación Na actualidade, na subfamilia recoñécense os seguintes xéneros e especeis viventes:
Subfamilia Tolypeutinae Gray, 1865 Xénero Cabassous (McMurtrie, 1831) - armadillos de cola espida Cabassous centralis (Miller, 1899) Cabassous chacoensis Wetzel, 1980 Cabassous tatouay (Desmarest, 1804) Cabassous unicinctus (Linnaeus, 1758) Xénero Priodontes (Cuvier, 1825) - armadillo xigante Priodontes maximus (Kerr, 1792) Xénero Tolypeutes (Illiger, 1811) - armadillos de tres bandas Tolypeutes matacus (Desmarest, 1804) Tolypeutes tricinctus (Linnaeus, 1758)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. VV. AA. (1968): "Dasipódios" en Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos Mamíferos Cingulados Dasipódidos
Ligazóns externas Tolypeutinae na ADW. Tolypeutinae na EOL. Tolypeutinae no SIIT.
Categoría:Cingulados