Jasmine Ying Thompson, nada en Londres o 8 de novembro de 2000, é unha cantante inglesa, máis coñecida simplemente como Jasmine Thompson. Acadou a fama após colaborar na canción de Robin Schulz "Sun Goes Down". Este tema acadou o top 10 en moitos países como Australia, Alemaña, Austria e Suíza. En 2015, a súa canle de YouTube tiña máis de 1,9 millóns de subscritores e máis de 220 millóns de reproducións. O seu cover acústico da canción de Chaka Khan "Ain't Nobody" acadou o número 32 nas listas do Reino Unido despois de aparecer nun anuncio de Sainsbury's. O seu cover foi mesturado polo DJ Felix Jaehn en 2015, e converteuse nun grande éxito, acadando o número 2 no Reino Unido. Ela é medio inglesa (por parte de pai) e medio chinesa (por parte de nai).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 2000 Categoría:Cantantes de Inglaterra Categoría:Artistas de Atlantic Records