Tolypeutes tricinctus é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados, familia dos dasipódidos e subfamilia dos tolipeutinos,Tolypeutes tricinctus en MSW. unha das dúas que integran o xénero Tolypeutes,Tolypeutes en MSW. que comprende os chamados armadillos de tres bandas, os úncos armadillos que son capaces de enrolarse en bóla para defendérense (o outro é Tolypeutes matacus).

Chamado tatu-bola-da-caatinga no Brasil, é endémico deste país, onde a especie está en perigo de extinción debido á caza e a deforestación e críase que estaba definitivamente extingudo cando foi redescuberto en 1988.

Catalogado como vulnerable (VU) pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), este armadillo é extremadamente raro e difícil de ser observados, coñecénsose moi pouco sobre o seu modo de vida.Miranda, F.; Moraes-Barros, N.; Superina, M. & Abba, A. M. (2014): Tolypeutes tricinctus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada vo 23 de xaneiro de 2016.

En 2014, foi elixido como a mascota do campionato Mundial de Fútbol Brasil 2014, co nome de Fuleco. Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. VV. AA. (1968): "Dasipódios" en Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos Mamíferos Cingulados Dasipódidos Tolipeutinos Tolypeutes

Ligazóns externas Tolypeutes tricinctus na ADW. Tolypeutes tricinctus na EOL.

Categoría:Cingulados Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné