Joven Socialista foi un periódico editado na Coruña entre 1935 e 1936.

Historia e características Subtitulado Semanario Órgano de la Juventud Socialista de La Coruña, apareceu o 27 de outubro de 1935. Publicábase os domingos. Era o voceiro das Juventudes Socialistas da Coruña. Estaba dirixido por Luís Tato Vento e nel colaboraban socialistas como France García García. Constaba de catro páxinas, tres delas dedicadas a publicar noticias ou entrevistas do Servizo de prensa da editorial Renovación, da Federación Nacional de Juventudes Socialistas. Na cuarta incluíanse comentarios de actualidade local e avisos.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas "Joven Socialista: Semanario Órgano de la Juventud Socialista de La Coruña" (27/8/2011). La niña del exorcista .

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Prensa socialista Categoría:1935 en Galicia Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos