miniatura|280px|Ecorrexión da Amazonia en Suramérica, que inclúe a selva amazónica e a súa bacía circundante, e, segundo a clasificación de WWF, tamén as rexións de Güiana e Gran Chaco. Unha ecorrexión ou rexión ecolóxica, é unha área bioxeográfica relativamente grande que se distingue polo carácter único da súa ecoloxía, clima, xeomorfoloxía, solos, hidroloxía, flora e fauna.
Introdución miniatura|280px|Ecorrexión do Cerrado. Suramérica. O Fondo Mundial para a Natureza (World Wide Fund for Nature ou WWF) define unha ecorrexión como unha área extensa de terra ou auga que contén un conxunto xeograficamente distintivo de comunidades naturais que comparten a gran maioría das súas especies e dinámicas ecolóxicas, que comparten condicións medioambientais similares e que interactúan ecoloxicamente de maneira determinante para a súa subsistencia a longo prazo. As ecorrexións máis coñecidas son as do WWF; porén, a delimitación das mesmas pode variar segundo os autores e as institucións ambientais gobernamentais.
O uso do termo ecorrexión é consecuencia do crecente interese polos ecosistemas e o seu funcionamento. En particular, estase a tomar conciencia da influencia da escala espacial no estudo e a conservación das paisaxes. Adoita recoñecerse que os ecosistemas interconectados combínanse para formaren un todo que é "maior que a suma das súas partes".
Hai hoxe moitas tentativas para entender os ecosistemas dun modo integrado para conseguir paisaxes "multifuncionais"; desde investigadores agrarios até ecoloxistas usan as "ecorrexións" como unidade de análise.
O WWF divide a superficie terrestre en oito ecozonas, divididas á súa vez nun total de 867 ecorrexións terrestres.
Propúxose utilizar esta división como base para iniciativas de democracia biorrexional. As ecozonas están moi ben definidas, pero os límites das ecorrexións están aínda suxeitos a cambios e a controversia. En canto á catalogación das ecorrexións mariñas e de auga doce, aínda non foi publicada.
O WWF elixiu 238 ecorrexións como as máis representativas dos diferentes biomas do noso planeta. Estas 238 rexións agrúpanse no proxecto Global 200.
Biomas En ecorrexións terrestres
As 867 ecorrexións terrestres distribúense entre 14 biomas diferentes:Ecoregions .
pluvisilva bosque seco bosque subtropical de coníferas bosque temperado de frondosas bosque temperado de coníferas taiga sabana pradería sabana inundada pradería de montaña tundra bosque mediterráneo deserto mangleiral
En ecorrexións de auga doce
As ecorrexións de auga ddoce catalóganse en 12 biomas:
grandes lagos grandes deltas augas polares ríos de montaña costas temperadas chairas aluviais e zonas húmidas temperadas mesetas temperadas costas tropicais e subtropicais chairas aluviais e zonas húmidas tropicais e subtropicais mesetas tropicales y subtropicales concas endorreicas e xerófilas illas oceánicas
En ecorrexións mariñas
As ecorrexións mariñas repártense en 5 biomas:
mares polares mares e plataformas continentais temperados correntes temperadas correntes tropicais ''arrecifes de coral
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas World Wildlife Fund: ecoregions . Consultada o 30-01-2016. Freshwater Ecoregions of the World (Ecorrexións de auga doce) . Consultada o 30-01-2016. Ecoregions of North America . Consultada o 30-01-2016. Interactive map and images of North American ecoregions at bioimages.vanderbilt.edu . Consultada o 30-01-2016.
Categoría:Biomas