miniatura|Imaxe de satélite do estreito. miniatura|Localización do estreito. miniatura|Mapa do sur de Chile e a Arxentina. O estreito de MagallánsAtlas de Edicións do Cumio. ou estreito de MagallanesEGU e DEGU. é un paso marítimo localizado no extremo sur de Suramérica, entre a Patagonia, Illa Grande da Terra do Fogo e varias illas situadas ao oeste desta, cara ao océano Pacífico.

É o principal paso natural entre os océanos Pacífico e Atlántico.

De acordo coa Organización Hidrográfica Internacional, a súa boca oriental está determinada pola liña que une o cabo Vírgenes co cabo do Espírito Santo.

Porén, este límite non foi aceptado nin pola Arxentina nin por Chile, que asinaron o Tratado de paz e amizade entre a Arxentina e Chile, que estableceu no seu artigo 10º que «o extremo oriental do Estreito de Magalláns [está] determinado por Punta Dungeness no norte e o Cabo do Espírito Santo no sur»,Tratado de Paz y Amistad entre Argentina y Chile de 1984. considerándoo integramente dentro da xurisdición de Chile, na Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena.

De acordo con tratados arxentino-chilenos de 1881 e 1984, o acceso pola súa boca oriental e a navegación polo mesmo encóntranse asegurados aos buques de todas as bandeiras en todo tempo e circunstancia.

Nome O estreito leva o nome de Fernão de Magalhães, navegante portugués coñecido porque, ao servizo do rei de España, baixo o nome de Fernando de Magallanes, foi o primeiro en cruzar este estreito, así como tamén o primeiro europeo en navegar por augas do océano Pacífico. A súa expedición, posteriormente mandada por Juan Sebastián Elcano, completou en 1522 a primeira viaxe de circunnavegación ao redor da Terra.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Información do estreito na páxina da Patagonia chilena Completa páxina dedicada ao estreito con bibliografía especializada Cronoloxía das viaxes dos séculos XVI a XIX á Terra do Fogo e estreito de Magalláns A Toma de Posesión do Estreito de Magalláns (21 de setembro de 1843) - Armada de Chile

Categoría:Xeografía de América do Sur Categoría:Estreitos