Edgardo Mondolfi Otero, nado en Caracas o 15 de maio de 1918 e finado o 7 de novembro de 1999, foi un biólogo e ecólogo venezolano especializado en terioloxía (estudo dos mamíferos).Bo Beolens, Michael Watkins & Michael Grayson (2009): The Eponym Dictionary of Mammals. Balimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press 282–283. ISBN 978-0-8018-9304-9, pp. 282–283. (Google Books)

Traxectoria Mondolfi foi profesor de zooloxía na Universidade Central de Venezuela, asesor do ministerio de Medio ambiente e viceministro de Agricultura.Dr. Edgardo Mondolfi en Global 500. Environmental Forum. Nairobi. Kenya Foi autor de numerosos libros e artigos científicos, incluíndo unha monografía sobre o xaguar xunto con Rafael Hoogesteijn. Realizou un traballo pioneiro na xestión da vida silverstre, e foron célebres as súas campañas para a exploración e protección da fauna de mamíferos de América do Sur. Nos últimos anos da súa vida foi embaixador de Venezuela en Tanzania e Kenya. Morreu o 7 de novembro de 1999 de dengue.

Especies e subespecies descritas Ademais, Gandolfi foi o primeiro descritor de varias especies e subespecies de mamíferos, das cales as seguintes considéranse válidas: Sylvilagus brasiliensis caracasensis Mondolfi & Méndez Aroche, 1957 Ichthyomys pittieri Handley & Mondolfi, 1963 Dasypus sabanicola Mondolfi, 1968 Didelphis imperfecta Mondolfi & Pérez-Hernández, 1984 Sciurus granatensis llanensis Mondolfi & Boher, 1984

Honras Os zoólogos Daniel Lew, Roger Pérez Hernández e o español Jacint Ventura déronlle á especie de sarigüeia de catro ollos descuberta e descrita por eles en 2006, o nome de Philander mondolfii na súa honra.Daniel Lew, Roger Pérez-Hernández & Jacint Ventura (2006): "Two new species of Philander (Didelphimorphia, Didelphidae) from Northern South America". Journal of Mammalogy 87 (2): 224-237.

Polo seu labor a prol do medio ambiente foi galardoado co Premio Nacional de Conservación Venezuela 1969.

Abreviuatura A abreviatura Gandolfi empréganse para recoñecer a como autoridade da descrición e nomenclatura en zooloxía.

Notas

Categoría:Zoólogos de Venezuela Categoría:Científicos de Venezuela Categoría:Embaixadores de Venezuela Categoría:Nados en Caracas Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1999