José Antonio Varela Casal, finado en Antas de Ulla o 24 de xullo de 1998, foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria Fillo de Francisco Varela Ouro. Funcionario do Concello de Antas de Ulla. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do Partido Popular de Galicia á alcaldía de Antas de Ulla e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1995 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Foi deputado provincial. Finou en Antas de Ulla o 24 de xullo de 1998.La Voz de Galicia, Lugo, 26-7-1998, p. L44. Sucedeuno interinamente José Robustiano Taboada, ata que foi elixido alcalde o seu fillo Javier Varela Pérez a finais de agosto.La Voz de Galicia, Monforte, 30-8-1998, p. L.47. Nas municipais de 1999 encabezou a candidatura do PP o seu fillo Javier Varela Pérez e foi elixido alcalde por maioría absoluta.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Antas de Ulla
Categoría:Alcaldes de Antas de Ulla Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Lugo
Categoría:Finados en 1998