A dos tupaíidos (Tupaiidae) é unha familia de mamíferos placentarios, unha das dúas que comprende a orde dos escandentios (a outra é a dos ptilocércidos).Scandentia en MSW.

A familia contén catro xéneros e 19 especies,Tupaiidae en MSW. coñecidas vulgarmente na bibliografía internacional como tupaias,tupaia no Gran dicionario Cumio da lingua galega. Vigo: Edicións do Cumio, S. A., 2004. ISBN 84-8289-304-1. ou musarañas arborícolas,Treeshrew, en inglés; musarañas arborícolas, en castelán. pequenos mamíferos arborícolas e aspecto primitivo similares en aparencia aos esquíos, que viven actualmente nas selvas do sueste asiático.Kowalski, Kazimierz (1981), pp. 279-280. Porén, trátase do grupo máis próximo aos primates, despois dos dermópteros.

Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1825 polo naturalista inglés John Edward Gray na páxina 339 do seu traballo "An outline of an attempt at the disposition of the Mammalia into tribes and families with a list of the genera apparently appertaining to each tribe". Ann. Philos. (ns) 10: 337-344.

Etimoloxía O nome científico da familia, Tupaiidae, fórmase, como é habitual, sobre a base do xenitivo do nome do seu xénero tipo, neste caso Tupaia, engadíndolle a desinencia do latín científico -idae, propia dos nomes das familias de animais.

Tupaia deriva deriva do malaio tupai "esquío" ou "pequeno animal que semella un esquío".Wilkinson, R. J. (1901): A Malay-English dictionary. Kelly & Walsh Limited, Hongkong, Shanghai and Yokohama.

Sinónimos Ademais de polo nome de Tupaiidos, este grupo, ao longo do tempo, foi coñecido polos seguintes sinónimos, (non todos son nomes de familia):

Cladobatae Cladobatidina Cladobatida Cladobatina Glisoricina Glisoricinae Tupaina Tupaiadae Tupajidae Tupayae Tupayidae

Clasificación miniatura|250px|Anathana ellioti. miniatura|250px|Tupaia belangeri. miniatura|250px|Tupaia glis.

Segundo Mammals Species of the World, a familia comprende catro xéneros, coas seguintes especies: Familia Tupaiidae Gray, 1825 Xénero Anathana Lyon, 1913 Anathana ellioti Waterhouse, 1850 Xénero Dendrogale Gray, 1848 Dendrogale melanura (Thomas, 1892) Dendrogale murina (Schlegel & Müller, 1843) Xénero Tupaia Raffles, 1821 Tupaia belangeri (Wagner, 1841) Tupaia chrysogaster Miller, 1903 Tupaia dorsalis Schlegel, 1857 Tupaia glis (Diard, 1820) Tupaia gracilis Thomas, 1893 Tupaia javanica Horsfield, 1822 Tupaia longipes (Thomas, 1893) Tupaia minor Günther, 1876 Tupaia moellendorffi Matschie, 1898 Tupaia montana Thomas, 1892 Tupaia nicobarica (Zelebor, 1869) Tupaia palawanensis Thomas, 1894 Tupaia picta Thomas, 1892 Tupaia splendidula Gray, 1865 Tupaia tana Raffles, 1821 Xénero Urogale Mearns, 1905 Urogale everetti (Thomas, 1892)

Filoxenia Os membros desta familia (así como os da outra da orde) consideráronse, en primeira instancia, como insectívoros,"Insectívoros" en Kowalski, Kazimierz (1981), pp. 270-284. e máis tarde foron incluídos na orde dos primates, sobre a base de certas similitudes anatómicas con estes como, por exemplo, a estrutura do cerebro, e clasificados como prosimios primitivos.

Porén, recentes estudos filoxenéticos moleculares puxeron de manifesto que os tupaias deben de ter a mesma categoría taxonómica (orde) que os primates, dentro do clado dos Euarchonta, que inclúe tamén aos dermópteros. De acordo con estes estudos, Euarchonta é o grupo irmán dos Glires (Lagomorpha + Rodentia), e Euarchonta + Glires forman o clado de rango superior Euarchontoglires.

Porén, propuxéronse outras relacións entre ditas ordes.Pettigrew, J. D.; Jamieson, B. G.; Robson, S. K.; Hall, L. S,; McAnally, K. I. & Cooper, H. M. (1989): "Phylogenetic relations between microbats, megabats and primates (Mammalia: Chiroptera and Primates)". Philosophical Transactions of the Royal Society of London, Series B, Biological Sciences, 325 (1229): 489-559.

Cladograma

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9. Kriegs, J. O. et al. (2007): "Evolutionary history of 7SL RNA-derived SINEs in Supraprimates". Trends Genet. 23 (4): 158–161. Madsen, O.; Scally, M.; Douady C. J. et al. (2001): "Parallel adaptive radiations in two major clades of placental mammals". Nature 409 (6820): 610–614. Murphy, W. J. et al. (2001): "Molecular phylogenetics and the origins of placental mammals". Nature 409 (6820): 614–618. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas, USA: Saunders College Publishing. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4. Yates, T. L. (1984): "Insectivores, elephant shrews, tree shrews, and dermopterans" en Anderson, S. & J. K. Jones, Jr., eds. Orders and Families of Recent Mammals of the World. Nova York: John Wiley and Sons, pp. 117–144.

Outros artigos Escandentios Euarcontogliros

Ligazóns externas Tupaiidae na ADW. Tupaiidae na EOL.

Categoría:Escandentios