Alfonso Castro Beiras, nado en Santiago de Compostela o 22 de xullo de 1944 e finado na Coruña o 8 de febreiro de 2016,Fallece Castro Beiras, el impulsor de la cardiología en la sanidad gallega La Voz de Galicia, 9-02-2016. foi un cardiólogo galego, Medalla de Ouro de Galicia en 2004.

Traxectoria Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago e doutorouse na Universidade Autónoma de Madrid. Como médico dedicou a súa carreira profesional ao ámbito da cardioloxía.

Ocupou tamén diversos cargos de responsabilidade administrativa, ao ser director da área de Corazón do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e xefe do seu servizo de cardioloxía.

Como investigador destacou no ámbito do transplante cardíaco e na cardioloxía clínica. Deu clase na facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña, onde ademais foi director do Instituto de Ciencias da Saúde.

O 20 de xuño de 2015 foi galardoado coa Medalla de ouro e brillantes do Colexio Oficial de Médicos da provincia da Coruña e pouco antes, no mes de marzo, foi nomeado Médico Emérito do Servizo Galego de Saúde.Falleció ayer el eminente cardiólogo compostelano Alfonso Castro Beiras El Correo Gallego. 9-02-2016.

Obra Hipertensión y corazón (1993). Enfermedad cardiovascular en la mujer (1999). Marcapasos. Manual para el cardiólogo clínico (1999), en coautoría con Eduardo de Teresa. Riesgo cardiovascular (1999). Cardiología clínica en atención primaria (2000), editado en coautoría con Eduardo Alegría. Tratamiento diurético y calidad de vida en el paciente con insuficiencia cardíaca (2001). Insuficiencia cardíaca: cuidado continuo (2002). Prevención cardiovascular: el futuro ya no es lo que era (2002). Programa de actualización en cardiología para el médico clínico (2002), coeditado con Eduardo de Teresa.. Plan integral de cardiopatía isquémica, 2004-2007 (2003). Comprehensive ischaemic heart disease plan (2004) como editor. Para que no te enferme el corazón (2004), guía da colección Saber Vivir, programa de televisión dirixido por Manuel Torreiglesias, reeditado en varias ocasións. Updates en Cardiología. De la evidencia científica a la práctica clínica en cardiología (2005), editado en coautoría con Eduardo Alegría e Eduardo de Teresa. Estrategia en cardiopatía isquémica del sistema nacional de salud (2006). Resumen de la estrategia en cardiopatía isquémica del Sistema Nacional de Salud (2006).

Galardóns Medalla de Ouro de Galicia en 2004. Medalla de ouro e diamantes do Colexio Oficial de Médicos da provincia da Coruña (2014) Doutor emérito do SERGAS.

Vida persoal Alfonso Castro Beiras faleceu en febreiro de 2016 ao precipitarse por unha fiestra. Era irmán do tamén cardiólogo José Manuel Castro Beiras. Casou e tivo dúas fillas.

Castro Beiras foi o cardiólogo do presidente Manuel Fraga.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Médicos de Santiago de Compostela Categoría:Medalla de Ouro de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Madrid Categoría:Cardiólogos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes