Spotlight é un filme dramático estadounidense de 2015, dirixido por Thomas McCarthy e escrito por McCarthy e Josh Singer. O filme gañou dous Oscars, incluíndo mellor guión orixinal e mellor filme de 2015 na 88ª edición dos Oscar celebrada en febreiro do ano 2016. O filme conta a historia de como a unidade de investigación do xornal Boston Globe, chamada "Spotlight" -a máis antiga nos Estados Unidos de América- desenmascarou un escándalo no que a Igrexa Católica de Massachusetts ocultou un incontábel número de abusos sexuais perpetrados por distintos sacerdotes de Boston, e polo que o Globe gañou o Premio Pulitzer ao servizo público de 2003. O elenco inclúe a Mark Ruffalo, Michael Keaton, Rachel McAdams, Brian d'Arcy James, Liev Schreiber, John Slattery e Stanley Tucci.

Foi seleccionada para ser vista en fóra de competencia no Festival de Venecia, así coma no Festival de Telluride e na Sección de Presentacións Especiais do Festival Internacional de Cinema de Toronto. O filme tivo a súa estrea por Open Road Films o 6 de novembro de 2015.

Enredo O filme narra a historia de como un equipo de reporteiros do Boston Globe destapou os escándalos de pederastia producidos durante décadas por uns cregos de Massachusetts e que tentou agochar a arquidiocese de Boston, e que sacudiu a Igrexa Católica.

Elenco Mark Ruffalo como Michael Rezendes, reporteiro do Boston Globe. Michael Keaton como Walter "Robby" Robinson, editor de Spotlight. Rachel McAdams como Sacha Pfeiffer, reporteira do Boston Globe. Brian d'Arcy James como Matt Carroll, reporteiro do Boston Globe. John Slattery como Ben Bradlee Jr., editor do Boston Globe. Liev Schreiber como Marty Baron, editor en xefe do Boston Globe. Stanley Tucci como Mitchell Garabedian, avogado representante de vítimas de abuso sexual. Billy Crudup como Eric MacLeish, un avogado que representa as vítimas de abuso sexual polo clero de Boston. Jamey Sheridan como Jim Sullivan, un avogado que representa a Igrexa. Gene Amoroso como Steve Kurkjian, reporteiro de Boston Globe. Maureen Keiller como Eileen McNamara, columnista do Boston Globe. Paul Guilfoyle

Produción McCarthy e Singer remataron o guión en xuño de 2013. Estivo na lista de Black List de 2013, de guións non producidos. A rodaxe comezou o 24 de setembro de 2014 en Boston (Massachusetts) e en outubro en Hamilton, Ontario. A rodaxe realizouse no Fenway Park, As oficinas de Boston Globe en Dorchester, Massachusetts, a Biblioteca Pública de Boston, e a Universidade de McMaster en Hamilton, Ontario.

Estrea A estrea do filme foi o 6 de novembro de 2015, sendo Open Road Films quen a distribúe.. En Galicia estreouse o 29 de xaneiro de 2016 coa dobraxe castelá.

Recepción A primeira crítica de Variety foi positiva. Spotlight considérase encadrada no top ten de moitos críticos.

Principais premios e nomeamentos O filme ten recibido numerosos premios da crítica e innumerábeis nomeamentos, entre os que salientan: PremioCategoría ReceptoresResultado Premios OscarMellor filmeMichael Sugar & Steve Golin, Nicole Rocklin, Blye Pagon Faustgañadora Mellor directorTom McCarthy nomeadoMellor actor secundarioMark RuffalonomeadoMellor actriz secundariaRachel McAdamsnomeadaMellor guión orixinalTom McCarthy e Josh SingergañadorMellor montaxeTom McArdleNomeadoGlobos de OuroMellor filme - DramaSpotlightnomeado Mellor directorThomas McCarthynomeadoMellor guiónThomas McCarthy e Josh Singernomeados

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio Oficial Crítica de Spotlight

Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Tom McCarthy Categoría:Filmes rodados en Massachusetts Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes de Open Road Films Categoría:Filmes biográficos sobre xornalistas Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes ambientados en 1976 Categoría:Filmes ambientados en 2001 Categoría:Filmes ambientados en 2002 Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal