dereita|thumb|220px|Bebida de soia A bebida de soia, ás veces mal chamada "leite de soia"A lexislación comunitaria reserva a denominación "leite" para o produto de orixe animal, polo que debe evitarse a utilización da denominación "leite de soia" para este produto e outras bebidas vexetais, mal chamadas leites vexetais. A excepción está constituída polo "leite de améndoas", única bebida vexetal para a que se admite a denominación de leite., é un produto (leite vexetal) que se extrae das sementes da soia, remolladas e moídas, ás que se lles engade auga, e que se utiliza como substituto do leite de orixe animalVV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. Hoxe en día pode atoparse en calquera supermercado en Galicia, aínda que tamén se pode producir no fogar a partir dos legumes.
Constitúe unha alternativa ao leite, especialmente na alimentación vexetariana estrita e en dietas hipolipídicas, por mor da súa aparencia abrancazada e á súa achega de proteínas. Nutricionalmente é de mediana dixestión, carece de colesterol e ten a metade de graxas e calorías que o leite enteiro, a mesma cantidade de vitaminas B e máis ferro que o leite de vaca.Tempeh. La mejor proteína vegetal. Shia Green. Océano Grupo Editorial, S.A., 2001. Pax. 138. ISBN 84-7556-080-6 O mesmo que esta, tamén ten compoñentes alerxénicos,Alergias Alimentarias University of Virginia Health System aínda que é apta para intolerantes á lactosa.
As comercializadas actualmente adoitan estar enriquecidas con cobalamina (vitamina B12), de difícil obtención nunha alimentación vexetariana estrita. Úsase en multitude de receitas, substituíndo en ocasións produtos que vexetarianos estritos e veganos non consomen por este elemento, como no caso da lactonesa, substituto da maionesa, realizado con leitehttp://www.consumer.es/web/es/alimentacion/en_la_cocina/trucos_y_secretos/2006/04/20/151141.php La lactonesa casera, un sustituto de la mahonesa - Consumer.es (en caso de seguir unha dieta omnívora, tamén pode ser leite de vaca o que substitúa o ovo).
Consómese dende hai 2.000 anos.
Efectos na saúde Malia posuír unha serie de vantaxes e cualidades nutricionais, a comunidade científica non se pon de acordo sobre si en realidade se trata ou non dunha bebida aconsellable para o consumo humano, sen existir antes unha prescrición nutricional ou médica. Algúns estudos científicos constataron que o consumo regular de leite de soia podería causar efectos negativos sobre as hormonas, a fertilidade e o sistema inmunitario por mor da existencia na súa composición de xenisteína, unha isoflavona que causa alteracións no páncreas e na tiroide, e que é un composto xenotóxico para o esperma.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Leite vexetal Soia Bebida de améndoa Bebida de arroz Bebida de avea Tofu Mollo de soia Bibliografía Rahab Waweru, M.A., et al. 1967. Effect of processing methods on oxidative off-flavors of soybean milk. Cereal and Food Sciences North Nairobi State University, Ministry of Agriculture. Torres-Penaranda, A.V., et al.1998. Sensory characteristics of soymilk and tofu made from Lipoxygenase-Free and Normal soybeans. Journal of Food Science 63 (6): 1084-1087. Smith, A.K. e Circle, S.J. 1972. Soybeans: Chemistry and Technology. AVI publishing. Hall, Francisco (2014). Leite de soia: Información e contraindicacións.
Categoría:Almorzos Categoría:Soia Categoría:Gastronomía da China Categoría:Gastronomía de Vietnam Categoría:Leite vexetal