As negociacións Vikzhel foron unhas conversacións, finalmente fracasadas, entre os partidos socialistas rusos impostas polo comité executivo do sindicato ferroviario ruso (Vikzhel) co fin de substituír o Sovnarkom, un Goberno exclusivamente bolxevique recentemente formado durante a Revolución de Outubro, por unha coalición das forzas socialistas.

Trala toma do poder do Sovnarkom durante a Revolución de Outubro, os seus opositores políticos socialistas recorreron ás armas. O comité executivo do Vikzhel, partidario da formación dun Goberno de coalición entre os diversos partidos socialistas, obrigoulles a iniciar negociacións para a súa creación. O Vikzhel ameazaba con paralizar o transporte ferroviario, fundamental para abastecer as cidades e transportar as tropas tanto do Sovnarkom como as dos seus adversarios.

A actitude dos distintos partidos variou segundo a sorte dos combates, que o Vikzhel non lograra deter. As correntes máis conservadoras dos partidos Socialrevolucionario (PSR) e Menxevique mostráronse ao comezo intransixentes e partidarias de desfacer as consecuencias da Revolución de Outubro na mesa de negociacións, posibilidade favorecida pola puxanza da fracción bolxevique disposta ao acordo e a adversa situación militar gobernamental. Petrogrado atopábase ameazada polas forzas reunidas por Kerenskii e Moscova estaba aínda en disputa. Doutra banda, faccións dos tres partidos avogaban con vehemencia pola formación da coalición.

Tras varias sesións, as partes alcanzaron un principio de acordo que, con todo, acabou rexeitando a maioría do comité central bolxevique, novamente baixo o control da fracción leninista, oposta ás concesións ás correntes conservadoras das outras formacións. A vitoria bolxevique en Moscova, o esmagamento do levantamento dos cadetes na capital e o fracaso da ofensiva de Kerenskii contra Petrogrado endureceron a posición bolxevique á vez que moderaron as esixencias dos seus adversarios socialistas. Lenin, co apoio fundamental de Trotski e o apoio cada vez maior do comité central bolxevique, esixiu unha serie de condicións para continuar as conversacións inaceptables para a outra parte, que respondeu coas súas propias, rexeitadas á súa vez polo Goberno. Os esforzos dos bolxeviques moderados por alcanzar un acordo intermedio que non incluíse todas as condicións aprobadas polo seu comité central levou a Lenin a tratar de imporlles a disciplina do partido e a retarlles a tomar o control. Os moderados, en resposta, dimitiron dos seus postos no Goberno e no comité central, o que non serviu para moderar a posición daquel. Tras varios días, o rexeitamento das condicións da oposición por parte da fracción leninista e a contrariedade da maioría da oposición a aceptar as dos bolxeviques conduciron ao fracaso das negociacións. Semanas despois, con todo, os socialrevolucionarios de esquerda, escindidos xa do PSR, entraron no Goberno.

Antecedentes Tropas favorables aos bolxeviques durante a Revolución de Outubro. A pesar do rexeitamento desta por parte do groso dos menxeviques e socialrevolucionarios, importantes sectores dos tres partidos socialistas esperaban aínda a formación dun Goberno socialista de coalición.|miniatura|dereita Ante a toma do poder polos bolxeviques durante a Revolución de Outubro –non en nome propio, senón no dos soviets–, parte dos seus adversarios políticos socialistas decidiron opoñerse a eles polas armas. Nin sequera a á esquerda socialrevolucionaria, que permanecera no congreso soviético trala retirada do resto de partidos, estaba disposta a ingresar no Goberno se non había acordo entre aqueles socialistas que apoiaban a Revolución de Outubro e os que a rexeitaban. Os partidarios dun acordo entre socialistas –menxeviques internacionalistas, socialrevolucionarios de esquerda e a corrente bolxevique moderada encabezada por Kamenev e Zinoiev–, comezaron a traballar para lograr o pacto. A posibilidade de formar un Goberno socialista de coalición contaba así mesmo con bastante apoio popular, que se reflectiu no apoio á creación da Xunta Sindical de Petrogrado ou o Soviet de Výborg.

A maioría dos socialrevolucionarios (PSR) negáronse á restauración do Goberno provisional derrocado e a política de coalición coa burguesía, dada a súa impopularidade. En Petrogrado, Stankevich quedou só na defensa do anterior gabinete, mentres que en Moscova os ferroviarios impuxeron ao partido a aceptación dun novo Goberno exclusivamente socialista. Con todo, o comité central seguía defendendo a eliminación dos bolxeviques do poder e o regreso provisional de Kerenskii para entregar o poder a un novo gabinete de coalición socialista que excluíse a formación de Lenin. O partido, a pesar de carecer de forza algunha, esixía o apartamento dos bolxeviques.

Ferroviarios rusos. O comité executivo do seu sindicato, Vikzhel, forzou a partidarios e opositores da Revolución de Outubro a negociar parar formar un Goberno de coalición socialista mediante a ameaza de paralización do tráfico férreo no país, fundamental para o abastecemento das cidades e para as manobras militares entre os dous bandos.|miniatura|esquerda O sindicato nacional de ferroviarios decidiu non tomar partido por ningunha das faccións, mediar entre o Comité Militar Revolucionario de Petrogrado e o Comité de Salvación da Patria e a Revolución, tratar de obrigar ás partes enfrontadas a poñer fin ao conflito e formar unha coalición de Goberno socialista. O poder do sindicato residía na súa capacidade de paralizar as comunicacións mediante a folga; dado que o exiguo abastecemento das cidades e o movemento de tropas dependían da rede de ferrocarrís, a ameaza de folga do sindicato era grave. O comité executivo seguía esencialmente a política dos socialrevolucionarios de esquerda, o grupo máis numeroso do comité con arredor dun cuarto dos cerca de corenta membros. Estes desexaban apartar a burguesía do Goberno, acabar coa guerra e formar un gabinete de todas as forzas socialistas no que ningunha dominase as demais.

O , o Vikzhel trasladouse de Moscova, onde tiña a súa sede, a Petrogrado e tras entrevistarse con delegados do congreso soviético, representantes do Ministerio de Transportes e dirixentes bolxeviques moderados, impuxo un bloqueo do transporte de tropas e proclamou a convocatoria de folga para a media noite do se os bolxeviques non aceptaban negociar. Na última sesión do II Congreso celebrada ese mesmo día, o seu representante expresara a súa oposición á toma do poder por un único partido e reclamara a formación dunha coalición de todos os partidos socialistas. Para impoñer a súa vontade, o Vikzhel tomara o control dos ferrocarrís. Calquera intento de ataque aos ferroviarios desembocaría no fin da subministración da capital, indicara o representante do Vikzhel.

Tres días máis tarde, comezaron os enfrontamentos entre partidarios e opositores do novo Goberno en Moscova, ao comezo desfavorables aos primeiros. Os combates nos arredores de Petrogrado tampouco cesaran. A situación do novo Goberno era precaria, sen controlar aínda Moscova e asediado en Petrogrado, onde o produciuse o motín junker e ao que se acercaban as tropas reunidas por Kerenskii.

O , tanto o Goberno como o Comité de Salvación da Patria e a Revolución –controlado polos socialrevolucionarios e menxeviques e oposto ao Goberno bolxevique–, trataron de balde gañarse o favor do Vikzhel. Ao día seguinte, e a pesar da negativa do Comité Central menxevique de tratar cos bolxeviques, do seu chamamento a formar un novo Goberno e exixir ao Comité Militar Revolucionario a súa rendición, o Comité de Salvación aveuse a formar un novo Goberno socialista que excluíse os bolxeviques e Riazanov, en representación destes, invitou os ferroviarios a acudir a Smolny para comezar as negociacións. As partes aceptaran así a exixencia do sindicato de negociar, pero Vikzhel non conseguiu que se proclamase tamén o alto o fogo. Mentres, aumentaba a tensión entre o Comité Militar Revolucionario que defendía a cidade fronte a Kerenskii e o Vikzhel, que bloqueaba os movementos de tropas.

Comezo das negociacións Kerenskii, presidente do deposto Goberno provisional, tratou de balde retomar Petrogrado e rexeitou tratar cos bolxeviques mentres as operacións militares lle foron favorables.|miniatura|dereita As conversas comezaron a noite do na sede do Ministerio de Transportes, tralo inicio dos duros combates en Moscova e o avance de Kerenskii até Gatchina. Á sesión acudiron vinte e seis delegados dos distintos partidos socialistas. A base das negociacións era a proposta do Vikzhel de formar un novo Goberno socialista que abarcase desde os bolxeviques ata os socialistas populares. A proposta simultánea de alto o fogo foi rexeitada polos socialistas máis conservadores –que seguían esixindo a exclusión dos bolxeviques dun futuro Goberno– e por Kerenskii.

A corrente bolxevique moderada, encabezada por Lev Kamenev, lograra o apoio do Comité Central do Partido Bolxevique –do que estaban ausentes Lenin, Trotski e Zinoviev– para participar, coa intención de incluír no Goberno aos partidos que abandonaran as sesións do Segundo Congreso dos Soviets. Lenin e Trotski estaban reunidos co Comité Militar Revolucionario para coordinar o esmagamento do levantamento dos cadetes e a defensa da capital fronte a Kerenskii. A moción do Comité Central incluíra a necesidade de aceptar as resolucións do congreso soviético, a responsabilidade do novo gabinete ante os soviets e a inclusión nel de todas as formacións socialistas como bases para negociar cos adversarios. Kamenev desexaba obter o apoio dos socialistas moderados e privar del a Kerenskii. Para iso, estaba disposto a manter nos seus postos no Comité Executivo Central aos delegados que se retiraran durante o Congreso. O desenvolvemento dos combates, adverso para os bolxeviques tanto en Moscova como nas aforas de Petrogrado entre o e o , favorecía a actitude conciliadora bolxevique. Na sesión plenaria do Comité Executivo Central Panruso (VTsIK) o mesmo día , Kamenev mostrouse disposto a aceptar a exclusión de Lenin e Trotski que esixían os demais partidos socialistas moderados e a contemplar un Goberno no que o seu partido non ostentase a maioría.

Mártov, dirixente menxevique, comezou a retomar o control do partido pero non logrou un apoio decidido da súa formación as negociacións e tivo que enfrontarse a unha notable fracción defensista, totalmente contraria a un acordo cos bolxeviques.|miniatura|esquerda A mesma debilidade do Sovnarkom que facilitaba a moderación bolxevique endureceu a postura dos partidos socialistas que apoiaron ao Goberno provisional derrocado na Revolución de Outubro.

Gendelman, portavoz dos socialrevolucionarios, mostrouse disposto a poñer fin ao Goberno de Kerenskii e a crear un novo Consello de Ministros exclusivamente socialista, pero sen contar cos bolxeviques e só trala derrota militar destes, a animou aos ferroviarios a apoiar as operacións militares de Kerensekii. A pesar do ton belicoso de Gendelman, ese mesmo día fracasara o levantamento en Petrogrado alentado polo seu partido.