O 27 de febreiro é o 58º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 307 días para finalizar o ano, 308 nos anos bisestos.
Acontecementos 1531 - En Alemaña, varios príncipes e varias cidades protestantes forman a Liga Esmalkalda, dirixida contra Carlos V 1560 - Firman o Tratado de Berhick, pedindo a expulsión dos franceses da Escocia 1594 - Coroación en Chartres do rei de Francia Henrique IV, primeiro monarca Borbón. 1767 - Expulsión dos xesuítas de España pola pragmática sanción de Carlos III. 1782 - Durante o sitio posto a Xibraltar, unha granada alcanza o escritor José Cadalso e cáusalle a morte. 1801 - España decláralle a Portugal a guerra das laranxas. 1812 - Manuel Belgrano, patriota arxentino toma como símbolo da loita pola independencia o celeste e o branco, que farán máis tarde a bandeira da Arxentina. 1843 - Ocupación efectiva, por unha expedición española, da illa de Fernando Poo, hoxe Bioko, no golfo de Guinea. 1844 - A República Dominicana gaña a súa independencia de Haití. 1853 - Bendición da primeira locomotora fabricada en España e a que se lle chamou "Española". 1880 - Combate Naval de Arica, nos días da Guerra do Pacífico. Nel morre o comandante Manuel Thompson. 1881 - Derrotan as tropas británicas para os Boers en Suráfrica. 1900 - Nace o Partido Laborista británico na Conferencia dos Sindicatos Socialistas, celebrada en Londres. 1904 - Os rusos conclúen o tendido dunha vía férrea sobre o xeo do lago Baikal. 1905 - Maxim Gorki é liberado baixo fianza e exiliado en Riga. 1908 - Créase en España o Instituto Nacional da Previsión. 1912 - Inaugúrase no Sudán o ferrocarril Jartum-El Obeid, de 375 quilómetros. 1916 - Inauguración da praza de touros de Barcelona, chamada "la Monumental", con capacidade para 23 000 espectadores. 1917 - Estala a revolución de febreiro na Rusia. 1918 - Creación do Exército Vermello soviético, por Lev Trotski. 1920 - Estréase a película expresionista Das Cabinet des Dr. Caligari. 1924 - Cae unha gran nevada sobre Barcelona. 1933 - Incendio e destrución do parlamento alemán (Reichstag). 1937 - Guerra civil española: O Goberno de Francisco Franco restablece a "Marcha de Granaderos" como himno nacional e, como himnos oficiais, o "Cara al sol", o "Oriamendi" e o himno da Lexión. 1939 - Francia e o Reino Unido recoñecen o goberno do xeneral Franco. 1945 - O xeneral MacArthur encarga o Goberno de Filipinas ao presidente Sergio Osmeña. 1950 - Constitúese no Reino Unido o segundo Goberno laborista de Clement Attlee. 1952 - Fundación da Universidade Técnica do Estado de Chile, hoxe Universidade de Santiago. 1954 - O presidente exipcio, Naguib, recupera o poder do que foi despoxado polo Consello Militar da Revolución, dirixido por Gamal Abdel Nasser, quen continúa como presidente do Consello de Ministros. 1957 - Na China, discurso de Mao Tse Tung a cerca da xusta solución no seo do pobo, como primeiro golpe dado por mor da campaña das Cen Flores, comezada en maio de 1956. 1962 - O Partido do Congreso gaña as eleccións xerais da India, logrando 354 dos 494 escanos do Parlamento 1965 - Os Estados Unidos incrementan a súa participación no conflito de Vietnam. 1974 - Sublevación militar na Etiopía contra o Goberno, que presenta a súa dimisión ao emperador Haile Selassie. 1981 - Manifestacións multitudinarias en todas as capitais españolas no apoio do sistema democrático e de rechazo do intento de golpe de Estado de catro días antes. 1983 - Nova reelección nas lexislativas do presidente do Senegal, Abdou Diouf. 1984 - O Goberno de Mauritania recoñece a República Árabe Saharauí Democrática (RASD). 1985 - No Sudán, pelexas por fame nas cidades. 1989 - Pelexas en Venezuela polo aumento dos prezos cun resultado de 300 mortos. 1989 - Os partidos políticos navarros reafirman en Pamplona o chamado acordo pola paz e a tolerancia en contra da violencia terrorista de ETA. 1991 - Remata a guerra do Golfo. 1991 - O presidente estadounidense, George Bush, anuncia o remate das hostilidades na guerra do Golfo e conmina a Iraq a que acepte as doce resolucións do Consello de Seguridade da ONU. 1992 - Ratificado un Tratado checo-alemán de Amizade que ignora as aspiracions dos sudetes e intenta cerrar vellas hostilidades. 1994 - Remate dos Xogos Olímpicos do Inverno de Lillehamer (Noruega), nos que Rusia conseguiu o maior número de medallas. 1995 - Luis Roldán é conducido en avión dende Bangkok, Thailandia a Madrid, vía Roma, polo grupo policial especial encargado da súa busca, tras 305 días de fuga por varios continentes. O día seguinte foi encarcerado, acusado de sete delitos. 1997 - Entra en vigor en Irlanda a primeira lei de divorcio, aprobada por referendo en 1995 por escasa marxe de votos. 1999 - Nixeria celebra eleccións presidenciais, que poñen fin a 15 anos de gobernos militares. O triunfo é para Olusegun Obasanjo.
Nacementos miniatura|100px|John Steinbeck. 274 - Constantino I o Grande, emperador romano que fundou Constantinopla. 1766 - Thomas Robert Malthus, filósofo e economista. 1807 - Henry Wadsworth Longfellow, escritor (m. 1882). 1823 - Ernest Renan, filósofo e historiador francés. 1863 - Joaquín Sorolla, pintor español. 1895 - Rodolfo Llopis, dirixente socialista español. 1898 - Maryse Bastié, aviadora francesa (m. 1952). 1902 - John Steinbeck, escritor Premio Nobel de Literatura en 1962 1910 - Joan Bennett, actriz estadounidense de cine. 1912 - Lawrence Durrell, novelista británico. 1913 - Paul Ricoeur, filósofo e antropólogo francés. 1915 - Leopoldo Castedo Hernández de Padilla, historiador español. 1926 - David Hunter Hubel, neurobiólogo estadounidense nado no Canadá, Premio Nobel de Medicina en 1981. 1928 - Ariel Sharon, primeiro ministro israelí. 1930 - Joanne Woodward, actriz estadounidense de cine. 1932 - Elizabeth Taylor, actriz de cine británica (m. 2011). 1935 - Mirella Freni, cantante italiana de ópera. 1962 - Paulino Vázquez, poeta galego. 1974 - Modesto Fraga, escritor galego. 1980 - Chelsea Clinton, filla do presidente dos Estados Unidos Bill Clinton.
Mortes miniatura|100px|Ivan Pavlov. 639 - Pipino o Vello, Mordomo de Palacio de Austrasia. 1811 - Mateo de Toro e Zambrano, Conde da Conquista e Presidente da Primeira Xunta Nacional do Goberno de Chile. 1854 - Felicité Robert de Lamennais, escritor. 1922 - Javier Valcarce Ocampo, escritor e xornalista galego. 1926 - Filomena Dato, escritora galega (n.1856). 1934 - Josep Llimona, escultor. 1936 - Ivan Pavlov, médico e fisiólogo. 1936 - Antonio Fernández Tafall, xornalista e escritor galego (n. 1869). 1957 - José Quintas da Vila agrarista e xornalista galego (n 1873). 1963 - Rajendra Prasad, primeiro presidente da India.
1968 - Manuel Giménez Fernández, exministro da II República española.
1981 - Joaquín Domingo, billarista español.
1989 - Konrad Lorenz, científico austríaco. 1994 - Antonio de Senillosa, escritor e político español. 2003 - Manuel Ferrol, fotógrafo coruñés. 2016 - Luis Rodríguez Míguez, médico e escritor galego. 2018 - Quini, futbolista español (n. 1949).
Festas e celebracións
Outros Santoral: San Leandro (Bispo); Gabriel da Dolorosa, Baldomero, Onésima e Xeroncio (Confesores); Alexandre, Acundio, Antígono, Fortunato, Xián, Honorio, Basilio e Euno (Martires); Procopio (Monxe); Taleo (Eremita) - Calendario Romano: 1ª Equirria''.
Os 366 días do ano
Categoría:Febreiro