Catherine Dorléac, coñecida como Catherine Deneuve, nada o 22 de outubro de 1943 en París é unha actriz francesa.

Traxectoria É filla de Maurice Dorléac, actor de teatro e cine, e tamén director de dobraxe na Paramount. A súa avoa era apuntadora no teatro do Odéon e a súa nai actriz. A súa irmá era a actriz Françoise Dorléac.

Viviu co realizador Roger Vadim (con quen tivo un fillo, Christian Vadim, en 1963). Despois casou en 1965 co fotógrafo David Bailey, do que se separou en 1967. Máis tarde viviu co realizador François Truffaut, o actor Marcello Mastroianni (co que tivo unha rapariga, Chiara Mastroianni, en 1972), e, xa nos anos 80, co comunicador Pierre Lescure .

Considerada en todo o mundo como unha das máis grandes actrices francesas dos 40 últimos anos, goza dunha notoriedade internacional e dunha filmografía excepcional. Todos os máis grandes realizadores europeos recorreron ela, asociando definitivamente o seu nome á historia do cine do final do século XX.

En 1985 foi escollida como imaxe da Marianne, representación feminina da República francesa."Les visages de la République". En 20 minutes. 5 de xullo de 2013. Tamén foi nomeada Embaixadora de Boa Vontade da UNESCO.

Premios 1981: César á mellor actriz por O Último Metro 1993: César á mellor actriz por Indochine 1998: Copa Volpi á mellor actriz no Festival de Venecia por Place Vendôme 2002: Oso de Prata do Festival de Berlín á Mellor Contribución Artística Individual outorgada ás 8 actrices da película Oito Mulleres.

Filmografía seleccionada 8 femmes (2001) Dancer in the Dark (2000) Place Vendôme (1998) Os ladróns (Les voleurs) (1996) Indochine (1992) Drole d'endroit pour une rencontre (1988) Fort Saganne (1984) Le Dernier Métro (1980) Courage fuyons (1979) Alma perdida (1977) Tristana (1970) Peau d'âne (1970) La sirène du Mississippi (1969) Mayerling (1968) Belle de jour (1967) Les demoiselles de Rochefort (1967) La vie de château (1966) Repulsion (1965) Les Parapluies de Cherbourg (1964)

Notas

Categoría:Actores de Francia Categoría:Participantes nos Enfoirés Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en París