O Colorado Rapids é un club de fútbol profesional que xoga na Major League Soccer. É o equipo da cidade de Denver, no estado de Colorado, polo que xoga na Conferencia Oeste. Foi un dos dez equipos que xogaron a tempada inaugural da MLS en 1996. O seu único título oficial foi no ano 2010, cando gañou a MLS Cup
As cores iniciais do equipo eran o verde e o branco, no ano 2003 cambiáronse as cores ó azul e branco. No ano 2007 os Rapids volveron cambiar de cores, esta vez ó azul e granate. Historia Inicios A franquía comezou a súa andaina pola MLS o 13 de abril de 1996 contra o Kansas City Wizards caendo por tres goles a cero. Tras perder nove dos seus últimos encontros, os Rapids acabaron quintos na Conferencia Oeste. No ano 1997 tras un gran número de fichaxes o equipo rematou cuarto na fase regular. Tras eliminar o Kansas City Wizards e ó FC Dallas, a franquía chegou á súa primeira final da MLS Cup. Foi fronte o campión do ano anterior, o D.C. United, pero o equipo de Denver non conseguiu vencelos e o D.C. United gañaba a súa segunda MLS Cup consecutiva. Tras tres anos caendo na primeira rolda das eliminatorias, no ano 2001 o equipo non conseguiu clasificarse para os playoffs con só cinco vitorias na tempada regular.
Anos de cambios No ano 2003, o club cambiou as súas cores de identidade, do verde coma cor principal os de Colorado pasáronse a vestir con raias verdes e azuis. A pesar das novas cores o equipo foi eliminado nas semifinais de conferencia. Resultado que repetiron na seguinte tempada. No ano 2005 chegaron á final da conferencia Oeste, pero caeron derrotados polo Los Angeles Galaxy por dous goles a cero. A seguinte tempada volveron a caer na mesma rolda pero desta vez foi fronte ó Houston Dynamo por tres goles a un.
O ano 2007 foi un ano de cambios, o Colorado Rapids mudouse ó Dick's Sporting Goods Park na área metropolitana de Denver. O equipamento e o escudo tamén sufriron cambios, ámbolos dous de cor granate con toques azuis. Con todos estes cambios o equipo non conseguiu clasificarse ás eliminatorias por sexta vez na súa historia. E os Rapids non conseguiron de novo unha praza nos playoffs ata o ano 2010 no que sorprendentemente avanzaron ata a final deixando polo camiño ó Columbus Crew e ó San Jose Earthquakes. A final da MLS Cup foi contra o FC Dallas, o equipo de Denver tivo que sobrepoñerse ó gol inicial dos de Texas cun gol de Conor Casey que levou o partido á prórroga, na que no minuto 107 o defensa George John marcou un autogol que deulle a vitoria ós Rapids en Toronto.
Malas tempadas tras o título Tras gañar o seu primeiro título na súa historia, a tempada do ano 2011 prometía ser emocionante, pero non lograron pasar das semifinais de conferencia fronte ó Sporting Kansas City. O ano seguinte quedaron fora da fase das eliminatorias. No ano 2013 os Rapids lograron unha praza para a "ronda do k.o." que lles daría a posibilidade de xogar as eliminatorias, pero perderon por dous goles a cero contra ó Seattle Sounders. O 2014 foi un dos peores anos na historia do equipo quedando penúltimos na conferencia Oeste. A seguinte tempada non foi mellor, os de Denver remataron na última posición da conferencia e só mellor que o Chicago Fire na táboa xeral.
Xogadores
Títulos MLS Cup: 2010
Récords Individuais Os principais récords individuais son os seguintes:
Máis partidos xogados: Pablo Mastroeni, 225 Máis minutos xogados: Pablo Mastroeni, 18.669 Máis goles: Conor Casey, 50 Máis asistencias: Chris Henderson, 53 Máis paradas: Joe Cannon, 349 Menor porcentaxe de goles por partido (mínimo 4500 min): Bouna Coundoul, 1.16 Asistencia As cifras de asistencia por temporada foron as seguintes: Tempada Total Media Récord 1996 163.413 10.213 21.711 1997 189.355 11.835 36.252 1998 236.995 14.812 46.722 1999 224.459 14.029 51.025 2000 201.281 12.580 53.126 2001 214.249 16.481 60.500 2002 289.622 20.687 61.202 2003 251.578 16.772 60.142 2004 212.925 14.195 41.979 2005 218.206 13.638 41.987 2006 192.894 12.056 39.205 2007 221.229 14.749 18.458 2008 204.884 13.659 18.776 2009 184.963 12.331 19.680 2010 199.929 13.329 18.363 2011 252.248 14.838 18.277 2012 257.972 15.175 19.152 2013 263.479 15.499 18.359 2014 256.206 15.071 18.432 2015 266.168 15.657 18.5972016276.72116.27818.7592017260.47615.32217.6482018260.66015.33317.837
Galería de honor A galería de honor do club foi establecida en 2003 para homenaxear os xogadores máis destacados que estiveron nas filas do Rapids. Marcelo Balboa Paul Bravo Chris Henderson John Spencer Pablo Mastroeni
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio oficial.
Categoría:Equipos da Major League Soccer